O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

lunes, 26 de junio de 2017

Surfcamp Coral


Para rematar este fantástico curso...SURFCAMP CORAL! Polas mañás cantaremos con David Azurza e pola tarde surfearemos cos monitores da Surfcamp de Doniños.

Unha semana disfrutando das ondas!

lunes, 19 de junio de 2017

Presentación do novo CD


Grazas á grabación de Suso Iglesias (profe de acordeón do noso conservatorio), á maquetación gráfica de Carmela García, ás fotografías de José Millán, e á donación económica da Asociación Sociocultural O Peque Coro, foi posible contar un ano máis co CD que recopila varias obras do repertorio deste curso 2016-2017. Un novo CD cunha nova ilusión para todos.

O xoves 22 de Xuño ás 19.00 horas presentarase no auditorio do noso conservatorio



sábado, 3 de junio de 2017

O Peque Coro en concerto


Despois dun curso onde compartimos concerto cos coros de maiores de Ferrolterra na Mostra de Coros da Terceira Idade no Teatro Jofre, cantamos xunto aos compañeiros da Peque Banda e da Peque Orquestra no Día da Paz, compartimos esceario cos coros infantis do Cmus de Lugo e de Santiago no Certame de Coros Infantís, compartimos concerto no Xan Viaño pola Recital das Letras, recentemente cantamos xunto a coros de toda Galicia formando un gran coro de 500 nenos e nenas en Mondoñedo na sexta edición de "No bico un cantar", chegou o día no que desexamos disfrutar con calma do esceario. 

Un concerto íntegro do Peque Coro para disfrute de tódolos pequecoristas que con ilusión amosarán o gran traballo deste curso. Un concerto íntegro para disfrute dos que nos acompañen.


miércoles, 31 de mayo de 2017

No bico un cantar: nenos e nenas cantan aos poetas mindonienses


Un ano máis, O Peque Coro do Xan Viaño participará na edición de "No bico un cantar", que organiza a Consellería de Educación e mailo Consello da Cultura Galega. Este ano será en Mondoñedo adicándoo aos seus poetas: Álvaro Cunqueiro, Antón Noriega Varela, Aquilino Iglesia Alvariño e Xosé Díaz Jácome.

A partir dos versos destes poetas, xorde a música composta por Luis Emilio Batallán (Quen puideira namorala) , Eduardo Toldrá (As froliñas dos toxos) , Antonio Paz Valverde (O neno durmía) e as dúas obras a estrear de Nico Casal: Non o sei! e Neniae

Como non, rematando o mes de Maio, Maiolongo de Baldomir cos versos rosalianos. A dirección recae nas mans de Maximino Zumalave e o acompañamento instrumental na agrupación de metais Hercules Brass.

A cita será ás 17.30 na Praza do Catedral, desde onde observará cantar a imaxe de Cunqueiro





lunes, 15 de mayo de 2017

Recital das Letras Galegas 2017


Despois dun pequeno descanso nos nosos concertos, voltamos coa nosa participación no Recital das Letras Galegas 2017.  

A cita é o martes 16 de Maio no auditorio Xosé Arriola do Cmus Xan Viaño ás 19.00h 


miércoles, 22 de febrero de 2017

III Encontro de Coros Infantís

Xa chegou o Encontro de Coros Infantís!. E imos pola terceira edición! Este sábado volvemos a encontrarnos o Coro Infantil do Cmus de Santiago, o Coro Infantil do Xoán Montes de Lugo (que nos devolve a visita) e nós, O Peque Coro do Xan Viaño.

Un concerto que agardamos cunha gran ilusión. Con este concerto comeza a ledicia: a ledicia de cantar todos xuntos e mailas pequenas vacacións. As merecidas vacacións do Entroido.

Se alguén ainda non ten entrada, que corra a por ela xa que disfrutará escoitando ós tres coros desta edición.



viernes, 10 de febrero de 2017

Concerto no Cmus de Lugo



Un ano máis visitamos aos amigos e amigas do Cmus Xoán Montes de Lugo; un coro que naceu no 2010: o mesmo ano que nacimos nós. Dende entón sempre nos xuntamos para compartir esceario.

O concerto comeza ás 12.00 e é aberto a todo o público. A entrada é de balde.

Recordade, pequecoristas: ás 9.30 saímos do noso conser e regresamos ás 15.00. Unha mañá moi intensa: viaxe cos compañeiros e compañeiras, ensaio, concerto, e como non, uns petiscos mentres falamos e rimos todos xuntos.