Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2011

Bo Nadal!

Imaxe
BO NADAL QUERID@S PEQUECORISTAS! Quero compartir con vos estos cantos propios do Nadal interpretados polos Nenos Cantores de Viena. Carol of the bells. (Panxoliña das campás). Mykola Leontovych toma un canto tradicional ucraniano para compoñer esta panxoliña Joy to the World, atribuída erróneamente a G.F. Haendel. No ano 1838 o compositor Lowell Mason publica unha colección de himnos, entre os que está Joy to the world.   Stille Nacht (Noite de Paz). Franz Xaver Gruber. Interpretada por primeira vez o 24 de Decembro de 1818 nunha igrexa austríaca Adeste fideles (Vinde, fieis) . A tradición sinala a John Reading, organista da catedral de Westminster, como o autor deste canto que dende o século XVIII cántase en Francia, España, Portugal e Inglaterra.

Himno á Noite

Imaxe
O Himno á Noite é unha adaptación dun fragmento dunha ópera de J.P. Rameau. Trátase da ópera barroca Hipólito e Aricia; a primeira ópera de Rameau, que compuxo cando tiña case 50 anos. A súa estrea foi en París o 1 de outubro de 1733, e só nun ano tivo 40 representacións. Nesta historia de amor de Hipólito e Aricia aparecen moitos deuses da mitoloxía: Diana, Xúpiter, Neptuno, Mercurio, o Amor... O Himno á Noit e era a aria dunha das sacerdotisas de Diana e o seu coro de sacerdotisas, diante do templo desta divinidade. A partir do minuto 7, tedes esa aria na súa versión orixinal. Xa no século XX, Joseph Noyon fai unha nova versión coral e Edouard Sciortino cambia a letra. Esta sería a súa traducción: Oh, noite, ven a traer á Terra  a calma encantadora do teu misterio. A sombra que te segue é moi doce,  é un concerto moi doce. As túas voces cantan esperanza.  O teu poder é grandioso,  transforma todo nun feliz sono. Oh, noite, deixa aínda na Terra a calma encantadora do teu mist

Akai Hana...A flor vermella.

Imaxe
Esta fantástica canción lévanos de viaxe a Xapón rodeados dun ambiente máxico. Akai hana... Akai hana tsunde ano hito-ni ageyo. Ano hito-no kami-ni kono hana sashite ageyo. Akai hana, akai hana, ano hito-no kami-ni, saite yureru daro ohisama-no yoni. Collerei a flor vermella e dareilla a ela. Poñerei este flor no pelo. A flor vermella, a flor vermella, florecerá e no seu pelo brilará como o sol. Un director de coros de nen@s, Basilio Astúlez, creou unha posta en escea fantástica para esta canción. E percorre toda a península transmitíndoa a tódolos entusiastas dos coros infantiles; na introdución, o coro traénos unha brisa ( tss )...Para mín sería unha suave brisa que zoa nos marmeleiros cheos de frores vermellas. Calma a brisa e o coro ofrécenos un agasallo; akai hana . Moitos coros de voces brancas interpretan esta canción xaponesa. Gústame especialmente a versión da Escolanía de Segovia.

A Ronda do Soldadiño

Imaxe
Este ano 2011 no Peque Coro comezábamos ensaiando cunha canción moi especial: A Ronda do Soldadiño.  Este canto contra a guerra ten moita forza expresiva tanto na súa letra coma na melodía. Un canto especialmente emotivo ó ser interpretado por voces brancas.  Un mestre, chamado César, ensinoume a Ronda do Soldadiño ; no seu colexio tódolos nenos e nenas cantábano polo Día da Paz. Este é o vídeo do seu creador: José Mário Branco. No próximo Día da Paz o Peque Coro interpretará a súa versión da Ronda do Soldadiño.