O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

lunes, 19 de diciembre de 2011

Bo Nadal!


BO NADAL QUERID@S PEQUECORISTAS!

Quero compartir con vos estos cantos propios do Nadal interpretados polos Nenos Cantores de Viena.

Carol of the bells. (Panxoliña das campás). Mykola Leontovych toma un canto tradicional ucraniano para compoñer esta panxoliña

Joy to the World, atribuída erróneamente a G.F. Haendel. No ano 1838 o compositor Lowell Mason publica unha colección de himnos, entre os que está Joy to the world. 

Stille Nacht (Noite de Paz). Franz Xaver Gruber. Interpretada por primeira vez o 24 de Decembro de 1818 nunha igrexa austríaca

Adeste fideles (Vinde, fieis). A tradición sinala a John Reading, organista da catedral de Westminster, como o autor deste canto que dende o século XVIII cántase en Francia, España, Portugal e Inglaterra.



domingo, 18 de diciembre de 2011

Soña para o agasallo do Apalpador

Estamos achegándonos ó 24 de Decembro. A noite na que o Apalpador entrará sixilosamente na nosa casa para comprobar que comemos ben e sano; tocará a nosa barriga e deixaranos castañas e outros agasallos. 
O Apalpador leva no seu saco todo tipo de sorpresas. Espero que este xigante escoitase a miña petición para tódol@s pequecoristas e vos agasalle algún destes cds.










Los Chicos del Coro en concerto




Angelic Voices: The Best of the Vienna Boys' Choir





Kantika. Leoia Kantika Korala.
Director: Basilio Astúlez



Así cantan los chicos. 
Escolanía de El Escorial







Doces sonos, pequecoristas...

Himno á Noite


O Himno á Noite é unha adaptación dun fragmento dunha ópera de J.P. Rameau. Trátase da ópera barroca Hipólito e Aricia; a primeira ópera de Rameau, que compuxo cando tiña case 50 anos. A súa estrea foi en París o 1 de outubro de 1733, e só nun ano tivo 40 representacións. Nesta historia de amor de Hipólito e Aricia aparecen moitos deuses da mitoloxía: Diana, Xúpiter, Neptuno, Mercurio, o Amor...

O Himno á Noite era a aria dunha das sacerdotisas de Diana e o seu coro de sacerdotisas, diante do templo desta divinidade. A partir do minuto 7, tedes esa aria na súa versión orixinal.



Xa no século XX, Joseph Noyon fai unha nova versión coral e Edouard Sciortino cambia a letra. Esta sería a súa traducción:

Oh, noite, ven a traer á Terra 
a calma encantadora do teu misterio.
A sombra que te segue é moi doce, 
é un concerto moi doce.
As túas voces cantan esperanza. 
O teu poder é grandioso, 
transforma todo nun feliz sono.

Oh, noite, deixa aínda na Terra
a calma encantadora do teu misterio.
A sombra que te segue é moi doce.
Hai algo máis fermoso que un sono?
Hai algunha verdade máis doce que a esperanza?

Non coñezo a nadie que non lle guste La Nuit, a versión dun dos coros de voces brancas máis marabilloso. É o coro dos nenos cantores de Saint Marc de Lyon. Fixéronse moi célebres na preciosa película "Los chicos del Coro". Este coro daranos moito que falar. Agora, menos palabras e a disfrutar do Himno á Noite.



viernes, 16 de diciembre de 2011

Recoméndoche...Magnificat de Vivaldi


Este martes 20 de decembro o coro de Grao Profesional e @s alumn@s de Canto do noso conservatorio traen ó noso auditorio o Magnificat de Antonio Vivaldi (Venecia, 1678-Viena, 1741). Seguro que coñecedes de Vivaldi os seus concertos para violín "As Catro Estacións".


Vivaldi, compositor do Barroco,  tamén compuxo obras vocais de distintos xéneros: música para escea (óperas) e música relixiosa, como este Magnificat. Nesta obra escoitaredes partes para coro e outras para solistas (arias), acompañados polas cordas dos Ponticello e ó piano, Alexandra Pita. A directora é Luz Alonso, a profesora de Canto.



Saberías dicir en que idioma cantan? Presta atención no concerto...na actualidade ninguén fala ese idioma,  mais, moitas línguas vivas a día de hoxe naceron a partir del. Ademáis desta pequena pregunta, rétoche a que investigues se Vivaldi tocaba o piano. Este reto é máis complicado. Descubrirei estes enigmas despois do concerto.

Para animarte a vir a este audición, ahí vai este vídeo cunha das partes do Magnificat.

miércoles, 14 de diciembre de 2011

Recoméndoche...Dido e Eneas



Non te perdas a oportunidade de asistir ó Dido e Eneas na versión do Coro Cantabile da Coruña. Este coro infantil-xuvenil poñerá en escea unha ópera do compositor barroco Henry Purcell.

Dido e Eneas foi a primeira ópera de Purcell, estreada en Londres no ano 1688. Trata da historia de amor entre Dido, a raíña de Cartago, e o heroe troaino Eneas. E da desesperación de Dido cando Eneas a abandona.

Aquí tedes a aria máis famosa:"O Lamento de Dido".


Se te animas, verémonos o martes 27 de decembro no Teatro Colón da Coruña. Eso sí, asegúrate antes de saír da túa casa que queden entradas (información na web Galicia Classics).

lunes, 12 de diciembre de 2011

Akai Hana...A flor vermella.


Esta fantástica canción lévanos de viaxe a Xapón rodeados dun ambiente máxico. Akai hana...

Akai hana tsunde ano hito-ni ageyo.
Ano hito-no kami-ni kono hana sashite ageyo.
Akai hana, akai hana, ano hito-no kami-ni,
saite yureru daro ohisama-no yoni.

Collerei a flor vermella e dareilla a ela.
Poñerei este flor no pelo.
A flor vermella, a flor vermella,
florecerá e no seu pelo brilará como o sol.

Un director de coros de nen@s, Basilio Astúlez, creou unha posta en escea fantástica para esta canción. E percorre toda a península transmitíndoa a tódolos entusiastas dos coros infantiles; na introdución, o coro traénos unha brisa (tss)...Para mín sería unha suave brisa que zoa nos marmeleiros cheos de frores vermellas. Calma a brisa e o coro ofrécenos un agasallo; akai hana.

Moitos coros de voces brancas interpretan esta canción xaponesa. Gústame especialmente a versión da Escolanía de Segovia.


domingo, 11 de diciembre de 2011

A Ronda do Soldadiño



Este ano 2011 no Peque Coro comezábamos ensaiando cunha canción moi especial: A Ronda do Soldadiño. Este canto contra a guerra ten moita forza expresiva tanto na súa letra coma na melodía. Un canto especialmente emotivo ó ser interpretado por voces brancas. 

Un mestre, chamado César, ensinoume a Ronda do Soldadiño; no seu colexio tódolos nenos e nenas cantábano polo Día da Paz.

Este é o vídeo do seu creador: José Mário Branco.


No próximo Día da Paz o Peque Coro interpretará a súa versión da Ronda do Soldadiño.