A amizade é unha igualdade harmoniosa



"A amizade é unha igualdade harmoniosa" é unha frase do matemático e filósofo grego Pitágoras de Samos (582 a.C.-507 a.C.) coa que quero facervos pensar sobre a igualdade.

Nestes días próximos ó Día Escolar pola Paz as palabras igualdade, respeto, tolerancia, xustiza...aínda están máis presentes no noso conservatorio.

Este pasado mércores o Departamento de Corda Pulsada e o Equipo de Dinamización da Língua Galega organizaron un acto adicado á asociación ASPANAES (Asociación de Pais de Nenos Autistas e Psicóticos) . Un proxecto marabilloso no que ademáis de participar @s nos@s alumn@s ofrecendo un pequeno concerto ós nenos e nenas , puidemos ver a curtametraxe A nena que tiña unha soa orella de Rubén Coca. 

Unha curta baseada no libro de Lucía Etxberría "La fantástica niña pequeña y la ciguëña pedigüeña". Unha historia para aceptar as nosas diferenzas. Ademáis da bonita historia, da chulísima animación, a tod@s gustóunos moito a banda sonora.
Para aqueles que non puidéchedes asistir, déixovos o trailer que promocionou A nena que tiña unha soa orella, e así teredes unha idea.


Ademáis de recomendar esta curta, quero falarvos dunha obra en relación coa aceptación das diferenzas: Can you hear me? de Bob Chilcott. O protagonista desta canción é un neno xordo que nos fala de como é o seu mundo. Un mundo onde lle gusta estar, un mundo onde hai moito que facer, un mundo onde hai moito que dicir...O seu mundo é silencioso mais el escóitanos a través do movemento das nosas mans. Gustaríalle escoitarnos cantar, escoitar as nosas voces.

O movemento das mans é o que fai libre a este neno. Así que o compositor inclúe na partitura desta canción  a linguaxe de signos. Can you hear me? Podes oírme?





Comentarios

Publicacións populares deste blog

Peque Coro no 25N

Peque Coro in crescendo: descubrindo ao invasor

O Peque Coro en clave galega