Os nosos vídeos no Día da Paz
Despois desta espera, por fin poderemos ver os vídeos da nosa actuación no Día Escolar pola Paz. Aqueles que non puidéchedes asistir, teredes a ocasión de ver a nosa estrea. Mágoa que os nosos compañeir@s Carlos, Lisa, Ana e Pablo non estivesen. Tanto ensaio e neses días estiveron maliñ@s... Mais, aínda nos quedan moitos concertos para estar xuntos tódolos pequecoristas.
No primeiro, Akai Hana ( A flor vermella) e o noso agasallo pola Paz
Na Ronda do Soldadiño uníronse ó acordeón Serafín Santamariña e Suso Iglesias (o seu profe), e ás arpas Verónica Gomollón e Mª José Carralero ( a súa profe).
.
Hoxe quero despedirme felicitando ós pequecoristas por esta estrea tan emotiva. Alexandra máis eu sentímonnos moi orgullosas de todos e cada un destes grandes pequecoristas.
PARABÉNS, PEQUECORISTAS
Comentarios
Publicar un comentario