Flores para @s nen@s de Lugo e para @s pequecoristas

Despois dun bo concerto, é habitual agasallar flores. A verdade é que me parece o mellor detalle posible, porque a quen non llle gustan as flores?.

@s pequecoristas, mais os nen@s do Coro Infantil de Lugo, ben merecen un bo ramo polo concerto de onte no noso auditorio.

@s nen@s de Lugo agasalláronnos cun bo concerto. Noraboa a tod@s, e por suposto, ó seu pianista, Jorge A. e a súa directora Henar. Noraboa ós solistas, e os percusionistas David T. e Xacobe R.

O Peque Coro, nesta ocasión, estaba máis concentrado que nas últimas actuacións...E iso nótase no resultado. O noso agradecido público sempre ten louvanzas para nós, mais onte o aplausómetro deixou en evidencia que "as cousas estaban ben feitas".

Estivemos no último ensaio falando da importancia da preparación xusto antes do concerto. Un bo concerto non só depende dos ensaios. Despois dunha necesaria e longa reflexión, hai resultados. E tod@s disfrutamos máis do noso concerto.

O Peque Coro estivo moi ben arroupado: nos acordeóns, Serafín Santamariña e Suso Iglesias (profe de Serafín), sempre tan dispostos a interpretar a Ronda do Soldadiño. Xa teño en mente unha futura obra que fará as delicias de todos co son destes acordeonistas. Ademáis da colaboración do percusionista Sergio Sande: grazas a Sergio, o sol brilaba máis alto!. E, por suposto, a nosa pequecorista e gaiteira Rita na Alborada: aqueles que nunca escoitaran a Alborada coa gaita ficaron abraiados.

Mágoa que moit@s compañeiros estivesen enferm@s. Haberá máis concertos...E, por suposto, teremos que voltar o próximo ano a visitar ós nosos amig@s de Lugo e ofrecerlles a nosa casa, porque todos disfrutamos e aprendemos xuntos compartindo esceario.



PEQUECORISTAS, PARABÉNS POLOS
 "CANTOS DO MUNDO"!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Peque Coro no 25N

Peque Coro in crescendo: descubrindo ao invasor

O Peque Coro en clave galega