O Peque Coro


Este é o blogue para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental e Profesional do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blogue: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

sábado, 27 de octubre de 2012

Era unha vez...a respiración


Gústame moito este vídeo onde podemos comprender o sistema respitarorio (ademáis da importancia das defensas do noso corpo e a necesidade de ter hábitos saudables).  Para cantar é moi importante controlar a nosa respiración; por iso insistimos tanto en cada ensaio cos exercicios previos. Coñezamos un pouco máis do funcionamento do noso sistema respiratorio.


Ó longo destes días varios pequecoristas comezaron a sufrir ataques á súa gorxa pola invasión de virus. Xa sabedes, debemos preparar o noso corpo ante os invasores. Abrigádevos ben, comede moita froita e verdura, bebede moita auga, durmide ben e practicade exercicio físico. Podedes recordar os consellos para o coidado da vosa voz clicando aquí: Coidados para a voz dun pequecorista. 


miércoles, 24 de octubre de 2012

Can you hear me? Podes oírme?


Comezamos os ensaios deste curso cunha obra moi especial: Can you hear me?. É unha obra do compositor, director e cantante británico Bob Chilcott (1955). Ten moitas obras marabillosas para coro de nen@s. Esta obra percorre o mundo enteiro con distintas interpretacións.

Musicalmente é unha delicia para os nosos oídos, e a súa letra chea de tenrura non nos deixa indiferentes. Danos moito que pensar: un neno xordo cheo de vitalidade, de ledicia...que se comunica con nós grazas ó movemento das mans...que disfruta deste mundo no que hai tanto que descubrir, que facer, que dicir, que sentir...


Miro ao meu  arredor mentres medro. 
Gustaríame contarche todo o que coñezo.
Vexo a vida con toda a súa enerxía, 
as rúas das cidades, o paso do tempo.
Este é o meu mundo. É onde me gusta estar. 
Tanto que ver, tanto por atopar...
Ás veces séntome e agardo un intre. 
Vexo o sol e faime sorrír.
Podes velo? Podes velo ti tamén?

Sento a vida con toda a súa enerxía,
a ledicia de espertar cada día.
Este é o meu mundo. É onde me gusta estar.
Tanto que facer, tanto que dicir...
Ás veces séntome e noto o sol.
É cálido e esta aí para todos.
Podes sentilo? Podes sentilo tamén?

O meu mundo é un mundo silencioso,
mais é sificiente para mín.
Escóitoche a través das túas mans.
O movemento faime libre
pero podería ser algo especial
escoitar a túa voz,
escoitarche cantar.
Podes oírme? Podes oírme tamén?

Miro ao meu arredor mentres medro.
Gustaríame contarche todo o que coñezo.

No seguinte vídeo escoitaredes a versión do coro Rubinki de Polonia. (Por certo, acabo de descubrir este coro: fantástico.)


Podedes atopar moitas versións...o curso pasado seleccionara outra versión na entrada adicada a unha visita ó noso conservatorio de ASPANAES: A amizade é unha igualdade harmoniosa.

Sei da dificultade que supón para nós: mais con moita concentración nos ensaios poderemos interpretala e disfrutala. 

miércoles, 17 de octubre de 2012

A pequepomba avisa do primeiro ensaio


Traio unha feliz nova:

"Por fin, este venres ás 19:00 comezaremos os nosos ensaios na Aula de Orquestra. Moit@s estamos impacientes por xuntarnos de novo, saber as novidades do repertorio,...outr@s porque é o voso primeiro ensaio e non sabedes de que vai.

Para que disfrutemos moito deste primeiro ensaio, o mellor agasallo para cada pequecorista é o silencio. Así que, en canto poñades un pé no novo espazo dos ensaios, permitide que reine o silencio. A partir dese silencio, aparecerá a maxia das vosas voces.

Ata o venres, querid@s pequecoristas!"


sábado, 13 de octubre de 2012

O Soldadiño de Chumbo


Gustaravos moitísimo a música desta curtametraxe de animación: O Soldadiño de Chumbo, baseado no conto do danés Hans Christian Andersen (1805-1875).

Esta versión do Soldadiño está ambientada no Museo do Xoguete de Allariz: por iso, xunto ó soldadiño e á bailarina atopamos persoaxes con oficios galegos  (o mariñeiro, o afiador), ou personaxes do antroido coma o cigarrón.

Reparade na instrumentación que emprega para cada situación e no carácter e tempo das melodías.



jueves, 11 de octubre de 2012

Recoméndoche...Concerto de "Concerto tempo"



Esta tarde poderás escoitar ó coro mixto ferrolán Concerto tempo, dirixido por José Antonio García Mato. Moitos dos seus intergrantes foron alumn@s do noso conservatorio. 

Se queres saber máis deste coro, esta é a súa web: Concerto Tempo

Esta tarde, xoves 11 de Outubro, ás 20:15 no auditorio José Arriola. Anímate!



jueves, 4 de octubre de 2012

Probas para ser un pequecorista


As probas para cantar no Peque Coro serán este venres 5 de Outubro. Que teredes que facer? É moi doado: mirade a que hora tedes que asistir. En cada grupo adicaremos un tempo a imitar o que eu cante. Despois, cada un de vos canta a canción que desexe.


19:00 

Ángela A. L., Noelia A. V., Hugo C. G., Marcos C. G., Lea F. L., Keila F. S., Sabela G. C., Icía G. C., Azael G. V., Bruno G. L., Nina L. L., Sofía M., Héctor M. R., Pablo N. L., Aldara P. L., Lucía O. R
19:30

Estela C. E., Cristina D. M., Lara D. O., Elisa E. G., Marta F. P., Ana G.P. D., Carmen G.P. D.,  Lisa H., Sara L. E., Uxía L. E., María P. F., Marta P. F., Elena R. E.

20:00

Clara A. G., Inés B. M., Adrián B. F., Carlota G. G., Icía G. F., Laura G. M., Iria L. T., Sofía M. P., Martín O. F., Martín S. A., Pablo T. G., Miguel T. A., Sara T. A.

20:30

Irene A. A., Iago D.G. D., Javier D. V., Carlos F. Z., Claudia G. V., Fiana L. R., Névia L. R., Álvaro L. I., Pablo L. I., Carmen M. O., Carlos P. G., José Miguel R. P., Marta R. C.

Non teñades medo! Nesta proba só tedes que ter abertos o vosos oídos e deixarvos levar...