Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2012

Mañá será a nosa estrea...

Imaxe
Comezou a conta atrás...Mañá é a nosa estrea deste curso. Para moit@s pequecoristas é repetir unha sensanción formidable: a recompensa do esforzo dos ensaios ante o entusiasmado público. Para outr@s  é toda unha novidade. Supoño que para un neno ou unha nena de oito anos ten que ser abraiante saír á escea e atoparse cun auditorio abarrotado. En realiade, a sensación é a mesma para os que xa non somos tan nen@s.  Mais, queridím@s pequecoristas, tedes que estar moi tranquil@s.  Traballamos moito e ben ó longo destes meses e o resultado é fantástico. Os máis veteran@s están arroupándovos e ademáis contades co gran apoio dos vos@s amig@s e da vosa familia que estarán no público.  Recordade o ensaio de onte: foi estupendo. Para todos unha delicia a chegada dos dous acordeonistas: Serafín Santamariña (alumno de 3º Grao Profesional) e Suso Iglesias (profesor de acordeón) e das dúas arpistas: Verónica Alexandra Gomollón Guevara (alumna de 3º Grao Profesional) e Mª José Carralero  (profesor

A amizade é unha igualdade harmoniosa

Imaxe
"A amizade é unha igualdade harmoniosa"  é unha frase do matemático e filósofo grego Pitágoras de Samos (582 a.C.-507 a.C.) coa que quero facervos pensar sobre a igualdade. Nestes días próximos ó Día Escolar pola Paz as palabras igualdade, respeto, tolerancia, xustiza ...aínda están máis presentes no noso conservatorio. Este pasado mércores o Departamento de Corda Pulsada e o Equipo de Dinamización da Língua Galega organizaron un acto adicado á asociación ASPANAES (Asociación de Pais de Nenos Autistas e Psicóticos) . Un proxecto marabilloso no que ademáis de participar @s nos@s alumn@s ofrecendo un pequeno concerto ós nenos e nenas , puidemos ver a curtametraxe A nena que tiña unha soa orella de Rubén Coca.  Unha curta baseada no libro de Lucía Etxberría "La fantástica niña pequeña y la ciguëña pedigüeña" . Unha historia para aceptar as nosas diferenzas. Ademáis da bonita historia, da chulísima animación, a tod@s gustóunos moito a banda sonora. Para aqueles q

Gustav Klimt e a súa homenaxe a Beethoven

Imaxe
Este ano é o 150 aniversario do nacemento de Gustav Klimt (1862-1918).  Naceu no ano 1862 en Baumgarten, xunto a Viena. O seu pai era orfebre e a súa nai cantante de ópera. Dende pequeno amosou moitas aptitudes para o debuxo, así que dende os 14 anos comezou a estudar na Escola de Artes e Oficios de Viena distintas técnicas: dende o mosaico ata o fresco ou a pintura. Xunto co seu irmán Ernst facía un bo equipo e axiña tiveron encargos de decoración de interiores. Quizáis as obras máis famosas de Klimt sexan as da súa etapa dourada: cadros cheos de cores como se fosen un calidoscopio, con decoración de espirais e mosaicos e predominando o resplandor do dourado. Hoxe en día O bico (1907) é a súa obra máis coñecida e admirada.  Para que coñezades un pouco a súa obra tedes o seguinte vídeo con acompañamento do adagio da Romanza para violín e orquestra nº 2 de Beethoven. No ano 1902, Klimt xunto cun grupo de artistas que formaban a chamada Secesión vienesa quixeron facer

Tedes unha cita...

Imaxe
Tódolos familiares e amig@s d@s pequecoristas xa sabedes que o luns 30 de Xaneiro podedes disfrutar coa actuación do Peque Coro. E tamén podedes participar con todos nós ó longo desa tarde: Música pola Paz é o concerto que organiza o Equipo de Convivencia, coordinado pola profesora de piano Alma Cendán.  Colaborade con nós neste concerto a beneficio de Médicos Sin Fronteras : unha organización que asiste a poboacións en situacións precarias, a vítimas de catástrofes e de conflitos armados, sen discriminación por raza, relixión ou ideoloxía política. Non sexas preguiceir@. Nesta ocasión non queremos escusas. Únete á Música pola Paz: a mellor causa pola que celebrar un concerto. 

O Peque Coro no Día Escolar pola Paz

Imaxe
O Peque Coro do Xan Viaño participará na celebración do Día Escolar pola Paz o luns 30 de Xaneiro ás 19:00 horas. Para este día tan especial no que se recorda a figura de Mahatma Gandhi (1869-1948), o Peque Coro traerá ó auditorio José Arriola do noso conservatorio dúas cancións: Akai hana e a Ronda do Soldadiño.   Agardamos a vosa presenza. Ademáis da emoción da nosa primeira actuación este curso (e da estrea de moit@s nov@s pequecoristas), únese a emoción da celebración do Día pola Paz.

Foi no 2011: aniversario de J.Guridi

Imaxe
O ano que deixamos foi o 125 aniversario do nacemento de Jesús Guridi: un músico vitoriano nacido nunha familia de músicos.  Os seus avós eran organistas, unha das súas avoas era profesora de piano; o seu pai era violinista e a súa nai tamén era profesora de piano.   Así que seguiu os pasos dos seus avós sendo organista, e da súa nai e avoa adicándose á ensinanza. Ademáis estudiou composición en Madrid, París e Bélxica. Interesouse especialmente pola música vocal: obras corais, cancións para voz e piano, zarzuelas.  Así cantan los chicos e Seis canciones infantiles son obras para voces brancas e piano.  Os pequecoristas cantaron o curso pasado Cazando pombas. Eiquí ven a sorpresa... Esa canción de Guridi é Cazando mariposas !   A letra foi modificada coa fin de cantar esta fermosa obra no Día Escolar pola Paz. Ben merecía a pena. No seguinte vídeo escoitaredes Cazando mariposas pola Escolanía de El Escorial.