Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2012

Pequecorista...

Imaxe
Súmate á recollida de tapóns solidarios que comezou estes días no noso conservatorio  para colaborar coa asociación AS.PA.NE.MI ( aspanemi.blogspot.com ): unha asociación que loita pola integración dos nenos e nenas con minusvalías e que eses nenos e nenas poidan ser atendidos según as súas necesidades para desenvolver ó máximo as súas capacidades. Así que, pequecoristas e amig@s, contribuíde con AS.PA.NE.MI. e interpretade coas vosas mans esta obra solidaria.

Recordando a Rosalía

Imaxe
Nun 24 de febreiro nacía en Santiago de Compostela unha nena que se chamaría María Rosalía Rita. 175 anos despois recordamos a esa nena co nome de Rosalía de Castro, unha gran poetisa e escritora na nosa língua.  Adicamos parte do noso ensaio deste sábado  a un canto recollido no Cancioneiro de Inzenga coa nosa adaptación duns versos de Rosalía dos seus Cantares Gallegos . Canta paxariño alegre, canta pra que o millo medre. Canta pra que a luz te escoite, canta que fuxeu a noite. A auroriña o ceo colora cuns árbores que namora, cun sembrante de ouro e prata teñidiño de escarlata. O curso pasado xa cantáramos a nosa versión deste canto, mais é tan especial que  debe formar parte do noso repertorio habitual. O Día das Letras Galegas, 17 de Maio, (día no que conmemoramos a data da publicación de Cantares Gallegos ) @s amig@s, familiares e seguidores dos pequecoristas poderedes disfrutar tanto coma nós da nova versión. Pequecoristas,

On suuri sun rantas autius

Imaxe
No ensaio desta mañá descubrimos unha peza moi tenra, tanto na súa letra coma na súa música. Eu coñecín On suuri hai un tempo e tíñaa reservada para o momento oportuno de poder adicarnos a esta obra. A nosa versión é unha adaptación a dúas voces que fixemos a partir da harmonizada por Matti Hyökki (director coral finlandés). O momento chegou, e ademáis nunha ocasión perfecta. On suuri é unha canción tradicional finlandesa. E este curso no noso conservatorio teremos a visita dos nosos colegas finlandeses cos que formamos parte dun proxecto de intercambio de Comenius. Queremos adicarlles esta marabilla na súa visita. Esta melodía delicada cóntanos os recordos dunha moza: É grande a soidade das túas ribeiras. Sinto morriña  do lamento do parruliño silvestre  que resoaba entre os xuncos pola tardiña. Un parrulo soíño e perdido,  un parrulo chorando de frío que daba voltas entre os xuncos sen atopar á súa nai. As túas ondas grises  observei con ollos chorosos:  foi nas t

Os nosos vídeos no Día da Paz

Imaxe
Despois desta espera, por fin poderemos ver os vídeos da nosa actuación no Día Escolar pola Paz. Aqueles que non puidéchedes asistir, teredes a ocasión de ver a nosa estrea. Mágoa que os nosos compañeir@s Carlos, Lisa, Ana e Pablo non estivesen. Tanto ensaio e neses días estiveron maliñ@s... Mais, aínda nos quedan moitos concertos para estar xuntos tódolos pequecoristas. No primeiro, Akai Hana ( A flor vermella ) e o noso agasallo pola Paz Na Ronda do Soldadiño uníronse ó acordeón Serafín Santamariña e Suso Iglesias (o seu profe), e ás arpas Verónica Gomollón e Mª José Carralero ( a súa profe). . Hoxe quero despedirme felicitando ós pequecoristas por esta estrea tan emotiva. Alexandra máis eu sentímonnos moi orgullosas de todos e cada un destes grandes pequecoristas. PARABÉNS, PEQUECORISTAS

Matricúlate xa no curso de Polo Vallejo!

Imaxe
  Non perdades esta oportunidade de disfrutar cantando e ata bailando no curso Tradicións orais e Creación Musical II. Un ano máis, voltará ó conser Xan Viaño o noso amigo Polo. Que fantástica foi a experiencia do ano pasado! Disfrutamos tod@s (profes, alumn@s, nais e pais que asistiron a última sesión) coas historias de Mbudi, mbudi na Mhanga As sensacións deses momentos foron especiais, mais de seguro que este curso agárdanos de novo momentos marabillosos. PEQUECORISTAS, BULIDE! 

Grazas, ANPA. Grazas, Alma

Imaxe
Queremos dalas grazas á Asociación de Nais e Pais do noso conservatorio pola súa colaboración, coma en tantas outras ocasións, na posta en escea no Día da Paz. A súa paixón pola papiroflexia fixo posible que cada un dos pequecoristas levásemos pombas da paz para agasallar ó público. Como vedes na fotografía, O Peque Coro cantou pola Paz cos seus paraugas. Seguimos a proposta do Seminario Galego pola Paz, para sumarnos ó movemento "Paraugas pola Paz". Así que o O Peque Coro pola Paz. Tamén queremos agradecer a invitación de Alma, profesora de piano e coordinadora do Equipo de Convivencia, para participar neste bonito maratón pola Paz. Por certo, esta pomba feita con elementos da grafía musical é unha xenialidade de Alma. Noraboa polo éxito deste concerto solidario con Médicos Sin Fronteras.