O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

sábado, 31 de marzo de 2012

Apaga a luz. Acende o Planeta






Súmate a este movemento que loita contra o cambio climático: apaga a luz este 31 de Marzo entre as 20:30 e 21:30. Aproveita a luz natural que aínda teremos entre lusco e fusco. 









Canta as túas obras preferidas ou se queres cantar algunha das novas obras do ensaio de hoxe, e  tes dúbidas, acende unha vela e sentiraste como os músicos de tempos pasados. Se miras atentamente este cadro de Renoir, Nenas ó piano, observarás un detalle impensable na actualidade. Faltan as velas, mais no piano están incorporados candeeiros!


Non é que Renoir, un dos grandes pintores impresionistas, deixe voar a súa imaxinación. Existen moitos pianos do século XIX con candeeiros.


Velaí uns exemplos destes pianos con grandes pianistas:







Franz Liszt (1811-1886)










Sergei Rachmaninov (1873-1943)
















Sergei Prokofiev (1891-1953)

viernes, 30 de marzo de 2012

Noraboa ós alumn@s de Canto e Coro




  
Noraboa ós alumn@s de Canto e ós de Coro de Grao Profesional. 






Entre o público que agradeceu o concerto cunha forte ovación, varias pequecoristas máis eu estábamos amosando o noso entusiasmo. Iria S., Carla F., Gabriel A., Inés A., Saúl G., Teresa F., Candela F., e Raquel D. tiñan a difícil tarefa de presentar en escea a selección de arias de Mozart. Saíron triunfantes.

O Coro estivo apoteósico...os solistas do Coro (Carolina H., Carla F., Elena R., Patricia F., Iria F.,  Simón P. e Pablo M.) merecen tamén unha especial mención. Os seus cantos de seguro que eran escoitados por Neptuno.

Outro gran aplauso para o Cuarteto de Metales C-Brass e Marta S., ó oboe


Ademáis hai que felicitar á profesora  Luz A., polo seu traballo como mestra de Canto, pola posta en escea, pola súa creación da narración para que comprendésemos os argumentos das distintas óperas,...felicitacións para a pianista que se enfrentaba o difícil reto de interpretar reduccións orquestrais, (que gran pianista...e que sorte temos no Peque Coro de contar con Alexandra!).

Para pechar esta louvanza, o mellor será escoitar unha aria de Mozart. Así que, un momento que disfrutamos neste concerto: a célebre aria Voi che sapete do personaxe de Cherubino en As vodas de Figaro . Cherubino é un rapaz que rapidamente se namora e canta nesta aria: "vostedes que saben que cousa é amor, mulleres, díganme se eu o teño no corazón".

O personaxe de Cherubino sempre é interpretado por mulleres. Coa seguinte interpretación de Frederica von Stade (unha mezzosoprano estadounidense) sobran as palabras.


martes, 27 de marzo de 2012

Fama: comunica a nova xesta d@s pequecoristas








Coma os grandes heroes gregos, fachendosos das súas fazañas, quero invocar á divinidade Fama, filla da mesmísima Xea (A Nai Terra), para que comunique a tódolos cidadáns a nova xesta d@s pequecoristas.


Estes pequen@s e median@s cantores de gran espíritu soportaron coma heroes as dificultades que se presentaban...Así foi o reto das divinidades olímpicas para o concerto deste luns. Preparación antes do concerto ás 19:30, saída escea ás 20:00 cantando como anfitrións dos nosos convidad@s,...Ata que chega unha nova de última hora:  @s compañeir@s chegad@s doutras terras non escoitarán os nosos cantos.

O Destino quere que cambiemos o noso plan. Así, @s pequecoristas acataron a decisión. A súa intervención foi ás 21:15 horas. Unha dificultade grande para @s máis pequen@s: as súas voces estaban esgotándose por un longo día,...agotamento físico e cansancio mental traíanos a falta de concentración. Ata Mnemósine (a deusa grega da Memoria) parecía abandonarnos,... case presentábase Morfeo (o deus grego do Sono).

Fama: quero que difundas coa rapidez que che permiten as túas ás, que as Musas acompañaron ó Peque Coro neste concerto de benvida ós compañeir@s de Comenius. Que por vez primeira en escea, interpretaron obras a dúas voces...On suuri e o Himno á Noite foron cantadas tan ben que xuraría que ademáis das Musas estaba tamén Apolo.

En outras xestas, @s pequecoristas interpretaron obras nas que un fermoso canto adornaba a melodía principal, cun movemento moi distinto e con boca pechada. Esta nova xesta supoñía cantar a dúas voces cun movemento homorrítmico: as dúas voces movíanse ritmicamente igual.  Unha gran fazaña para recordar na historia do Peque Coro.





Querid@s pequecoristas... 

a Fama xa está difundindo a vosa nova xesta polas nosas terras!

Recoméndoche...Selección de óperas de Mozart



Os alumnos e alumnas de Canto e de Coro de Grao Profesional interpretarán no auditorio do noso conservatorio unha selección de óperas de Mozart , todas elas cunha explicación do argumento de cada ópera. O mércores será a estrea, e estarán no público os nosos compañeiros e compañeiras do proxecto Comenius. Para aqueles que non poidades asistir o mércores (ou xa estea o auditorio repleto...), o venres haberá de novo esta representación.

Escoitaremos unha selección de arias de Bastián e Bastiana. Sabedes que foi unha das primeiras óperas de Mozart?. Como curiosidade, escribiu esta ópera cando tiña só 11 anos...Si, si, dixen ben:...11 ANOS!

Ademáis dunha selección de arias, dúos, tercetos de La finta semplice (A inxénua finxida), Cosi fan tutte (Así fan todas), Le nozze de Fígaro ( As vodas de Fígaro)...


O Coro pechará o concerto con fragmentos de Idomeneo, rei de Creta. O libreto desta ópera está baseado nun mito grego: Idomeneo, o rei de Creta que loitou na Guerra de Troia. Cando Idomeneo regresaba á súa terra unha forte tempestade poñía en perigo a tripulación da súa embarcación  e suplicou ó rei dos mares, Poseidón, que se regreba a casa, sacrificaría no seu nome á primeira persoa que atopara en terra. Para o seu horror, a primeira persoa que atopou foi o seu fillo. Sen embargo, na ópera mozartiana o final cambiouse por un final feliz.

Para aqueles que disfrutades das historias de aventuras, Idomeneo é a vosa ópera.

No seguinte vídeo aparece en escea as tropas de Creta chegando á praia e reencóntranse coas súas esposas despois do naufraxio no seu regreso da Guerra de Troia. Con tal alegría canta a Neptuno...Ah! Estaba tan concentrada contándovos o mito de Idomeneo que esquecía un detalle moi importante!.Na antiga Roma, as súas divinidades e historias mitolóxicas son as mesmas que as de Grecia, mais reciben outros nomes. Así, o deus grego dos mares é Poseidón, mentres que para os romanos, o mesmo deus dos mares recibe o nome de Neptuno. Na ópera de Mozart, as súplicas de Idomeneo son a Neptuno.






Aínda tes dúbidas de asistir ó concerto?

O mércores e o venres ás 19:00 no auditorio José Arriola do Cmus Xan Viaño de Ferrol.



viernes, 23 de marzo de 2012

Recoméndoche...Los Chicos del Coro en concerto






Contra vento e marea, debedes loitar para poder asistir ó concerto do Coro de Saint-Marc, coro que se coñeceu internacionalmente a partires da película Los Chicos del Coro. Os nenos e nenas da Coruña, Lugo, Ourense e Vigo téñeno máis doado ca nós. Mais podedes insistir ós vosos pais e nais e saír toda a familia da casa para pasar a tarde do domingo  nun concerto que non esqueceredes.

Nesta xira de concertos, este marabilloso coro interpretará as súas versións de temas de The Beatles. Xa comentei tempo atrás o meu parecer sobre este último cd...(sen dúbida, para mín non posúe a forza emotiva da banda sonora de Los Chicos del Coro), mais é un coro fantástico.

Ademáis teño a esperanza de que interpreten temas da película. Por exemplo...




Outros temas do DVD Los chicos del coro en concierto son un excelente exemplo para tódolos coros de voces brancas. A tódolos pequecoristas encántanos a súa versión do Himno á Noite. Que delicia!. O seguinte vídeo tamén vos emocionará: Pie Jesu de Andrew Lloyd Webber 



Sería xenial ver o Teatro Rosalía da Coruña cheo de pequecoristas dispost@s a disfrutar con outr@s nen@s que cantan marabillosamente. Tomade nota: domingo 15 de abril ás 20:00 no Teatro Rosalía da Coruña.

Eu xa teño a miña entrada! E outra para a nosa querídisima pianista!. 

Información sobre a venda de entradas, clicando a continuación: Q'concerto 



jueves, 22 de marzo de 2012

O Día da Árbore



Coa chegada da primavera, en moitos países queren recordar a importancia de protexer as árbores. Por iso, onte en distintos países do noso planeta nen@s e non tan nen@s contribuían a forestación do planeta prantando árbores típicas do ecosistema de cada terra, evitando as especies invasoras.



Co seguinte vídeo, prantamos a nosa semente



martes, 20 de marzo de 2012

Primeiro día da primavera


O 20 de marzo tráenos a primavera. Dende a nosa tranquila cidade temos a sorte de poder escoitar cantar os paxaros neste día cheo de luz. Ademáis de escoitar o precioso e alegre piar dos paxariños, propoño que escoitedes para a entrada na primavera o Dúo das Flores de Léo Delibes, un compositor francés de música escénica, máis coñecido pola súa música para ballets.

Este dúo forma parte da ópera Lakmé (estreada en 1883): unha obra ambientada na India de finais do século XIX. Para @s pequecoristas sonará moi estraño, pero debedes saber que nesa época a India era un país dominado polo imperio británico. Así que en Lakmé aparece unha historia de amor prohibida entre un militar inglés, Gerald, e Lakmé, a filla dun sacerdote hindú. Cantas historias de amor prohibidas existen en distintas épocas e culturas!

O dúo das flores cántase no primeiro acto da ópera. Lakmé aínda non coñece a Gerald, e está recollendo flores xunto con Malika, a súa escrava. De novo, unha idea sorprendente e inaceptable para calquer nen@ do séuclo XXI: a escravitude...

O dúo das flores intepretado pola soprano Anna Netrebko e a mezzosoprano Elina Garanca...a frescura dunha mañá de primavera, o cantar dos paxaros e o arrencendo das rosas aparecen neste delicado dúo.


viernes, 16 de marzo de 2012

Un mapa sonoro



Grazas ó blog Papeles de Música  e o seu proxecto de recopilación de mapas sonoros en internet (por certo, un  mundo fascinante), descubrín o mapa sonoro da Ría de Vigo. 

Quero compartir con tódol@s pequecoristas esta fantástica páxina onde poderedes escoitar distintos sons da Ría de Vigo: dende arquivos deliciosos coma o vento, as aves e as ondas nas Cíes, (sons moi familiares para todos nos) ata o bulir na lonxa, a entrada nun teatro... 

Clicade sobre a imaxe e xa vos leva a Sons de Vigo: un listado de 41 sons que forman parte da vida cotiá da cidade olívica.

martes, 13 de marzo de 2012

Unha bonita adicatoria





Despois de abrir un libro que tantas veces tiven nas miñas mans, lin a súa adicatoria...e nese intre de emoción, sentín que tiña que facela chegar ós meus queridos e queridas pequecoristas e alumn@s de Linguaxe.

Eses libros que, sendo moi pequerrechiña, tantas horas adicamos a cantar baixo o entusiasmo do meu mestre: meu pai. Eses libros que temos na nosa librería tódolos profesores e profesoras adicados ás ensinanzas musicais, especialmente os mestres de Música e aqueles que nos adicamos ó ensino da Linguaxe Musical, do canto infantil...Os libros de Canto Escolar de Luis Elizalde.

Despois de tantos anos, presto ateción á súa adicatoria:

"Al recuerdo del ilustre pedagogo
DON HILARIÓN ESLAVA
en el 1º centenario de su muerte
(1878-1978)

...Y a vosotros, niños,
que sentís en vuestra alma
la ilusión de entrar 
en el mundo fascinante de la Música:
para que la Música
os haga sensibles a lo bello
y para que vosotros
hagáis buenos y felices
a cuantos viven a vuestro lado."








Para os meus pequecoristas, 
que nos fan bos e felices vivindo ó seu lado.

domingo, 11 de marzo de 2012

Saúdo ós compañeir@s de Comenius




Xa falta menos para a chegada dos nosos compañeir@s do Comenius. Estamos ensaiando unha canción representativa de cada país:  Grand Duke of York para @s amig@s de Inglaterra, O himno á Noite para @s de Francia e On suuri para @s de Finlandia. 

Dende este lugar privilexiado no que está o noso conservatorio, á beira do mar, queremos saúdar a tódol@s compañeir@s.



Ata pronto...!

See you soon!           À bientôt!          Nähdään pian!

sábado, 10 de marzo de 2012

Tonalidade...?


Dende o curso pasado, na que eu era a profesora de alumn@s de 2º de G.E., insistimos moito na importancia de reparar na tonalidade antes de comezar a cantar unha nova melodía. Tanto insistimos que Ana adicoume un debuxo no que eu pregunto: "Tonalidade", e alegremente respóndenme.

(Un segredo...encántame este debuxo. @s que coñecedes a aula, hai que recoñecer que hai detalles inconfundibles: na miña mesa o mini-piano feito de papel por Claudia, o meu super lapis coa clave de sol...O que máis me gusta é o sorriso de tódol@s nen@s antes de comezar a cantar)

Volvendo o tema: moit@s alumn@s non miraban a armadura e deixábanse levar pola acompañamento do piano, e cada nota que cantaban supoñía un risco. (Buf!... que suor...en la menor aparece un sol sostido!). E claro que é un risco comezar a cantar sen saber a tonalidade!. Imaxinades un paracaidista que se lance dende o alto dun helicóptero sen o seu paracaidas?. Pois o noso paracaidas é a tonalidade...prepara a nosa viaxe pola melodía.

Primeiramente debemos mirar a armadura: e centráte nesa melodía. Maior ou menor?. Entoa a súa escala, o acorde arpexiado da súa tónica...Cal é a súa tónica? Dominante? No modo menor,...sensible?. Xa tes o teu oído preparado...o que é máis importante: a túa mente está preparada. Agora a túa voz sempre vai responder. 


PEQUECORISTA, POLA TÚA SEGURIDADE, 
MIRA A TONALIDADE!!




viernes, 9 de marzo de 2012

O mundo dos intervalos III


Un último esforzo para repasar o tema dos intervalos. A próxima semana @s pequecoristas de 3º G.E. e os seus compañeir@s teredes a proba escrita onde amosaredes que os intervalos é un mundo comprendido por tod@s vos.

No seguinte exercicio teredes que completar a clasificación dos intervalos.

Empregaremos o uso de letras para a clasificación da especie. M: maiores, m: menores, X: xustos, A: aumentados, d: disminuídos. E separade o díxito da letra.

P.e.: un intervalo de quinta xusta escribiremos 5 X.

Concentración...clica sobre a imaxe para comezar



Non te preocupes do tempo!

jueves, 8 de marzo de 2012

Día Internacional da Muller











Hoxe, 8 de marzo é o Día Internacional da Muller; un día que reivindica a participación e desenrolo na sociedade das mulleres  en igualdade cos homes.


Na vida cotiá de tódol@s pequecoristas, as súas profesoras e profesores, as súas compañeiras e compañeiros do conservatorio...estamos en pé de igualdade. 

Pequecoristas, coñecedes moitos compositores. E poderíades citar alungha compositora? 


Entón, non existiron mulleres compositoras? 


Clara Schumann (muller de Robert Schumann, polo que cambiou o seu apelido : Clara Wieck) ou Fanny Mendelssohn (irmá de Félix Mendelssohn) son algúns exemplos.

Outro exemplo corresponde ó retrato superior: Pauline García Viardot (París, 1821-1910); unha cantante de ópera que nace nunha familia de cantantes de orixe español. O seu pai era Manuel García, un tenor e mestre de canto, a súa nai  a soprano Joaquina Briones, e súa irmá María Malibrán (unha das divas do canto).

Ademáis da súa faceta de cantante en moitas óperas e profesora de canto no Conservatorio de París, adicouse á composición. 


No seguinte vídeo, unha das súas obras, Hai luli, na que se reflexiona "De que serve vivir sen amor?"



miércoles, 7 de marzo de 2012

Que tonalidade é?


Unha nova proposta para traballar as tonalidades: un test para recoñer auditivamente as tonalidades. 


Para cada pregunta hai un audio no que escoitaredes o la do diapasón, seguidamente a tónica e a súa escala. 

De novo, o la do diapasón e os acordes da tonalidade. Preséntovos os acordes sempre na mesma disposición. 


Exemplo: Sol M.





 Nas escalas menores escoitaredes a escala natural e nos acordes de dominante emprégase a sensible.





Preparad@s...?

Comeza o exercicio clicando sobre a imaxe.






martes, 6 de marzo de 2012

O mundo das tonalidades



Para @s pequecoristas de 3º G.E. este curso amplíanse moito a súa perspectiva na teoría musical. As tonalidades é todo un mundo por descubrir. Para isto propoño novas actividades. 

Querid@s pequecoristas, para cada armadura corresponden, coma ben sabedes, unha tonalidade maior e outra menor (os tonos relativos comparten a mesma armadura). Así pois, nesta actividade cando a pregunta se refira a unha tonalidade maior, clicade sobre o recadro superior do pentagrama, mentres que a pregunta se refira a unha tonalidade menor, clicade sobre o recadro inferior do pentagrama.

Coma sempre, clicade sobre a imaxe para que vos leve ó exercicio.


Tonalidades e armaduras con sostidos



Tonalidades e armaduras con bemois



PEQUECORISTAS... A TRABALLAR!!

Grand Duke of York




The Gran Duke of York é unha canción infantil inglesa na que se ridiculiza a estratexia no campo da batalla dun dos Duque de York.  Como moitas cancións populares, non se ten clara a súa orixe: así que non sabemos de que duque de York se trata. Ata existen versións desta canción con outras personaxes históricas. 

Para tódol@s pequecoristas é unha divertida canción e ademáis, queremos trocar a intención da súa letra. Non queremos rirnos dun home que sobe e baixa dun outeiro sen entrar en batalla. Que boa decisión a do duque de York!.

Para uns nen@s que disfrutan da súa vida en harmonía, o duque de York escolleu a mellor decisión posible organizando un bonito paseo.

Esta é a canción que adicaremos no noso concerto ós nosos colegas de Inglaterra do Proxecto Comenius.

O Gran Duque de York
tiña dez mil homes
levounos ata a cima dun outeiro
e depois fíxoos baixar de novo

E cando eles subían, subían,
e cando eles baixaban, baixaban,
e cando estaban na metade do camiño,
non estaban nin arriba nin abaixo.



lunes, 5 de marzo de 2012

O mundo dos intervalos II


Mentres os pequecoristas de 3º G.E. repasan a clasificación de intervalos, eu aprendo a crear novos recursos. Grazas a Educaplay, o Portal de Actividades Educativas Multimedia, podo elaborar as nosas actividades.

Ahí vai o primeiro para o repaso de intervalos. Clicade sobre a imaxe e levaravos ó portal onde realizaredes os exercicios. Só tedes que ler a pregunta e responder clicando no recadro correspondente.


Repaso de intervalos de 2ª e 3ª




Repaso de intervalos de 4ª, 5ª e 8ª




Repaso de intervalos de 6ª e 7ª



PEQUECORISTAS...A TRABALLAR!!

sábado, 3 de marzo de 2012

O mundo dos intervalos




Os pequecoristas de 3º de G.E. están inmersos no mundo dos intervalos: orde e especie. A clasificación dos intervalos é unha tarefa doada pero precisa da vosa concentración para clasificar con exactitude nas distintas especies.

Grazas a Adriana, a autora do blog aulamusicaldeadriana.blogspot.com, repasamos os intervalos cun dos seus exercicios de clasificación. Clicade sobre a imaxe e poderedes comezar o exercicio.



Moita concentración!