Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2012

Vois sur ton chemin

Imaxe
"Vois sur ton chemin" é unha obra maxistral composta para coro de nenos que formaba parte da banda sonora da película Les Choristes . Unha emocionante película do ano 2004 na que contan a historia de nenos que están internados nun colexio. Alí, lonxe das súas familias (algúns son nenos orfos), son tratados con moita dureza con constantes castigos. Coa chegada dun novo vixiante, Mathieu, creáse un coro que trae a ilusión a estes nenos. A tristura dos nenos esquecidos pode trocar nun canto de esperanza Mira no teu camiño ós nenos esquecidos, perdidos. Dálles a man para levalos a outra mañá. Sente no medio da noite a onda da esperanza, ansia de vivir sendeiro da gloria. Ledicias infantís, esquecidas, borradas demasiado pronto, unha luz dourada brila eternamente na fin do camiño.

Flores para @s nen@s de Lugo e para @s pequecoristas

Imaxe
Despois dun bo concerto, é habitual agasallar flores. A verdade é que me parece o mellor detalle posible, porque a quen non llle gustan as flores?. @s pequecoristas, mais os nen@s do Coro Infantil de Lugo, ben merecen un bo ramo polo concerto de onte no noso auditorio. @s nen@s de Lugo agasalláronnos cun bo concerto. Noraboa a tod@s, e por suposto, ó seu pianista, Jorge A. e a súa directora Henar. Noraboa ós solistas, e os percusionistas David T. e Xacobe R. O Peque Coro , nesta ocasión, estaba máis concentrado que nas últimas actuacións...E iso nótase no resultado. O noso agradecido público sempre ten louvanzas para nós, mais onte o aplausómetro deixou en evidencia que "as cousas estaban ben feitas". Estivemos no último ensaio falando da importancia da preparación xusto antes do concerto. Un bo concerto non só depende dos ensaios. Despois dunha necesaria e longa reflexión, hai resultados. E tod@s disfrutamos máis do noso concerto. O Peque Coro estivo

De novo, compartindo esceario

Imaxe
Mañá, ás 18:30, O Peque Coro e o Coro Infantil de Lugo compartirán de novo esceario. Nesta ocasión O Peque Coro seremos o antifrión recibindo na nosa casa, o auditorio do conservatorio, ós nos@s amig@s de Lugo.  A continuación poderedes seguir cun concerto de piano polos alumn@s do Cmus de Lugo e de Ferrol E para recuperar forzas e coñecernos un pouco máis, unha merenda para tódol@s participantes.

Outra xesta...en Lucus Augusti

Imaxe
De novo, debemos invocar á Fama para que difunda unha xesta d@s pequecoristas. Chegaron ás terras da romana Lucus Augusti para compartir esceario con outr@s tant@s nen@s cantores. Neste día gris, a Fama terá que comentar as dificultades para un pequecorista de orientarse nun novo auditorio, de estar atent@s a unha nova directora, de compartir esceario con outr@s nen@s... Fama, quero que insistas no ben que interpretaron O sol brila alto : unha versión moi diferente á ofrecida polo Peque Coro , e que ben se adaptaron! Mais, a Fama tamén difunde malas noticias. Chegaron algo cansos pola viaxe e moi, moi alterad@s polas novas sensacións, ...cada minuto foi acompañado de berros agotadores: berros que atacaron ás súas voces, berros que lastimaron ós seus oídos. A súa capacidade de escoita mermou.  Quero que a Fama difunda a mensaxe de que seguiremos traballando para cantar tan ben coma sempre para que as Musas nos acompañen dende o primeiro son no esceario e que loitarem

Queres escoitarnos?

Imaxe
Aqueles que queirades escoitar cantar coros infantís, tedes unha cita no auditorio do Conservatorio de Música de Lugo mañá ás 18:30. O Peque Coro e o Coro de Elemental do Cmus de Lugo compartiremos esceario nun concerto que preparamos tod@s con moitísima ilusión. A continuación, @s alum@s de Piano dos dous conservatorios ofrecerán un concerto. Vémonos mañá na cidade romana Lucus Augusti 

Parabéns polo Maratón Barroco

Imaxe
Parabéns, pequecoristas pola actuación no Maratón Barroco e grazas á organizadoras deste maratón (Alma, Loreto e Lidia, profes de piano) por convidarnos a participar nun concerto tan especial, no que non faltaron nin o rei do Día nin a raíña da Noite para acompañar o noso Giá il Sole dal Gange e o Himno á Noite. Pequecoristas, gardade ben os vosos traxes de época e perrucas. A que época adicarase o próximo Maratón?

Inquedanza barroca

Imaxe
Na Música e na Escultura barroca podemos atopar características comúns. Ademáis das constantes a tódalas artes (o xogo de luces, o gusto pola ornamentación, e a teatralidade que impresiona ó espectador), entre algúns exemplos de esculturas barrocas e obras musicais podemos a expresión da inquedanza. A escultura barroca capta un instante, deixando a escea conxelada. E nese intre, as súas figuras inquedas están ocupando un espazo en tódalas súas dimensións ata con diagonais.  O seguinte vídeo amosa obras dun escultor barroco: Bernini (Nápoles, 1598- Roma, 1680). Esculpe no mármore esceas da mitoloxía da antiga Grecia: O rapto de Proserpina , Apolo e Dafne , David . E consegue xiros dos corpos case imposibles, ata os cabelos dos seus grupos teñen movemento. As caras das súas esculturas son moi expresivas. Reparade nas mans no Rapto de Proserpina ...ata o mármore abrándase e semella que as mans se afunden na pel de Proserpina.  Encántame este vídeo porque ensina detall

Crónica dun bo concerto anunciado

Imaxe
A tarde de onte, coma en outras tardes, asistía a un concerto. Pero non era un concerto máis. Fun ó concerto do Les Petites Chanteurs de Saint Marc de Lyon no Teatro Rosalía da Coruña. Este fantástico coro está de xira presentando o seu disco adicado a The Beatles. Xa sabedes, e requetesabedes, que non é o repertorio que máis me gusta, mais estaba convencida que interpretarían temas da banda sonora da película que tanto nos emocionou. Que sorpresa! O repertorio do concerto foi ben distinto. O concerto comezou co Coro Cantabile da Coruña. Que maneira máis boa de abrir o concerto, co Canto de Jean Racine de Fauré (unha das miñas obras favoritas para coro mixto). Velaí ó coro Cantabile interpretando esta obra: Parabéns a este magnífico coro xuvenil que afronta un repertorio de gran dificultade. De Cantabile falaremos en breve. Continúa o concerto cos cantores de Saint Marc. Cal pensades que foi a primeira obra? Pois Vois sur ton chemin !. Nese intre mirei para unha da

Coidados para a voz dun pequecorista

Imaxe
Preparad@s...? List@s...? Estamos a piques de entrar na nosa semana máis intensa: o mércores participamos no Maratón Barroco e o venres imos ó conservatorio de Lugo para compartir escenario co coro de nen@s dese conservatorio, dirixidos por Henar Matesanz. Será o noso primeiro concerto fóra do noso Conservatorio. Xa estamos perdendo ó medo ó escenario, ó noso escenario. Sabemos que o Peque Coro sempre enche o auditorio e o público é moi xeneroso con nos. Mais é nova a sensación de cantar nun lugar descoñecido, ante caras todas novas. Como ensaimos moito, ata @s máis veteran@s están facendo ensaios extras, estamos preparad@s para ofrecer o mellor de cada un de nós. Só quero insistir no importante que é que coidedes a vosa voz. Son hábitos que debemos incorporar á nosa vida cotía, especialmente nunha semana coma esta, na que queremos que a nosa voz luza máis bonita. Coméntovos situacións reais á chegada a un ensaio ou a unha clase de Linguaxe: 1. Estou afó

Todo un espectáculo propio do Barroco

Imaxe
O 25 de xullo do ano pasado, coincidindo coa conmemoración do 800 aniversario da Catedral de Santiago, podíamos asistir a un espectáculo que podería ser propio do Barroco: un espectáculo que impresionaba ó espectador con xogo de luces e sons. Ademáis, o efecto teatral era espectacular, xa que o propio escenario era a fachada do Obradoiro de Catedral. Nos seguintes vídeos non escoitaredes música barroca, mais é un espectáculo completamente barroco. Empregouse unha técnica chamada mapping : proxectando imaxes 3D sobre a Fachada do Obradoiro. Impresionante! Cando o miraba pola televisión, fiquei marabillada. Coma repetían o espectáculo, fun pasados dous días a esa praza...Máis impresionante... Por certo, na primeira escea sona música que xa coñecedes...Si, si... Aquarium do Carnaval dos Animais de Saint-Saens

Parafernalia barroca

Imaxe
"Que é iso de "parafernalia?", preguntaranse @s pequecoristas. Pois nin máis nin menos que todo un despliegue de recursos, que neste caso, aparece nas artes barrocas.  Días atrás falábamos do xogo de luces na Pintura agora tócalle á Arquitectura. Cada país terá unhas características propias, mais común a todos é ese mesmo xogo de luces, e o uso de curvas e elipses, combinándose coa pintura e escultura para conseguir espazos que parecesen teatros. Ademáis procúrase causar un gran asombro ante o espectador. Tódalas artes barrocas procuran sobrecoller ó espectador. En Galicia existen moitos exemplos de arquitectura barroca, sen embargo , na nosa cidade non temos. A cidade barroca por excelencia é Santiago de Compostela. Sen dúbida, a Fachada do Obradoiro da Catedral de Fernando Casas Novoa consegue o efecto desexado. Cando un chega á Praza do Obradoiro, síntese un espectador moi pequeniño nun gran teatro. Viaxando a Roma na esquina dunha rúa

O luxo barroco

Imaxe
Para introducirnos no ambiente da época barroca, hoxe adicarémonos á Música Acuática :  unha obra de Haendel (1685-1759) composta en 1717 polo encargo do rei inglés George I para ser interpretada nunha gran barca mentres viaxaban polo río Támesis. Que luxo de viaxe!  Unha obra que a día de hoxe escoitamos en salas de concerto foi encargada para acompañar a un rei nun dos seus paseos!. Tamén resultará incrible para vos que Haendel compuxera polo encargo dun rei. Pois así tiveron que facer durante moitos séculos os compositores. A Música Acuática está composta por tres suites. A suite é un conxunto de danzas. Xa vos imaxinaredes que na barca sobre o Támesis non podían danzar, mais no vídeo seleccionado, poderemos ver como eran as danzas do Barroco. Veredes bailar minuetos, bourrée, hornpipe, rigodón. Un vídeo no que están coidados tódolos detalles: orquestra barroca (dúas trompas, dous oboes, un fagot, cordas e o clave), as danzas, o vestiario. Pa

Perlas barrocas

Imaxe
Despois do respiro destes días, hai que retomar os nosos ensaios coa máxima ilusión, enerxía e concentración. Temos que prepararnos para o Maratón do Barroco , que organizan Alma, Loreto e Lidia, profesoras de piano do noso conservatorio. E queren que o Peque Coro esté presente neste Maratón. Así que, ademáis de continuar ensaiando o repertorio barroco para esta ocasión, temos que preparar as nosas perrucas e traxes ostentosos. Eu terei que empolvar a miña perruca do ano pasado! Pois ben, aproveitaremos esta invitación para ir adentrándonos neste marabilloso período. O Barroco Musical é un período que  abarca dende 1600 (ano da primeira ópera, o Eurídice de Peri) ata 1750 (ano da morte de J.S. Bach). A palabra Barroco foi empregada por críticos posteriores a ese período aplicándoa á música, pintura, escultura, arquitectura e literatura. Provén do portugués e significa "perla irregular". Falando de perlas, aproveito para amosarvos A meniña da perla,

Música celestial

Imaxe
Anxos (1513). Rafael Sanzio Estes días en moitas igrexas, teatros e auditorios hai concertos adicados a música sacra. Á marxe das crenzas relixiosas ou da ideoloxía con respecto á propia relixión de cada un d@s pequecoristas, recoméndovos que non renunciedes a escoitar música sacra. Na nosa historia musical, existen infinidade de obras sublimes que son auténticas marabillas para os nosos oídos e para a nosa mente. Renunciaríades a mirar os anxos de Rafaello Sanzio? Poderíamos poñer milleiros de exemplos de obras doutras artes ás que, aínda que sexa só pola súa estética, non renunciamos. Pois, disfrutade da música sacra. A Paixón según San Mateo de Johann Sebastian Bach é unha destas magníficas obras a música sacra. Foi estreada o 15 de abril (un Venres Santo) de 1729 baixo a dirección de Bach, caendo no olvido á morte de Bach e sendo recuperada por Félix Mendelssohn en 1829. A Paixón ten dúas partes cun total de 68 números: coros, arias para solistas, recitativos (un