O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

miércoles, 30 de mayo de 2012

Recoméndoche...O Carnaval dos Animais no noso conservatorio!


Co son da música de Saint-Saens baixo a interpretación de vari@s profes do conservatorio, poderemos imaxinar moitos animais en escea.

Coincidindo cos días de antroido, no que no teatro Jofre puidemos asistir a unnha versión desta obra, xa adicáramos uns vídeos desta gran broma musical de Saint-Saens: o elefante, o cisne e o acuario (Recoméndoche...O Carnaval dos Animais no teatro Jofre).

Así que, máis vídeos:

As Tartarugas




Os Fósiles


Anímate a vir a este fantástico concerto. A cita é o xoves 31 ás 20:30.

Pequecorista, alí vémonos! 

martes, 29 de mayo de 2012

Ave Maria...de Caccini?


Cantas gravacións e partituras impresas co nome de Caccini neste célebre Ave María... Mais, esta preciosa obra é de Vladimir Vavilov (1925-1973): un guitarrista, laudista e compositor ruso que decide deixar anónimo o seu Ave María. Despois da súa morte, a súa obra é atribuida a Caccini, un compositor que viviu a finais do século XVI e comezos do XVII. Curioso, verdade?.


O Ave Maria de Vavilov foi composto aproximadamente en 1970 cun estilo barroco. Hai moitísimas versións a partir desta obra. Unha das que máis me gustan para coro de nen@s, coma non, a do coro de Saint Marc.



Outro coro fantástico de nenos, o coro inglés Libera, a partir do Ave Maria interpretan unha nova versión.

lunes, 28 de mayo de 2012

Recoméndoche...Romeo e Xulieta de "La Mota de Polvo"


Para @s amantes da lectura, este Romeo y Julieta da colección La mota de polvo será un libro que disfrutaredes moito. Ademáis da narración do conto, tedes unha selección musical do ballet de Prokofiev.

E para @s que quedáchedes con gañas de máis, uns vídeos de Romeo e Xulieta.

A introducción



O delicado e fresco tema de Xulieta




domingo, 27 de mayo de 2012

Un día inesquecible










O día de onte será inesquecible para tódolos membros do Peque Coro: asistíamos ó espectáculo de Romeo e Xulieta, mais non queríamos renunciar ó noso ensaio. Así que: ensaio, xantar de tódol@s pequecoristas e despois, imos ata o Palacio da Ópera na Coruña.



O ensaio era máis longo do habitual, así que había que comezar ben relaxad@s.



Despois dun bo ensaio, o mellor: un bo xantar!



Xa recuperamos as forzas, pois a xogar: polo menos nós aproveitamos este bonito espazo do Auditorio (aínda sen inaugurar!)



Despois deste intenso partido, subimos ó autobus que nos levou á Coruña. Grazas a Álvaro e a Pablo, que fixeron un cd coa gravación en directo dos nosos concertos, cantamos toda a viaxe. Que magnífica viaxe!. Un dos pequecoristas máis pequenos fica abraiado: "ata saímos na radio!"

Para inmortalizar a nosa visita, queremos unha fotografía. "Por que non cantamos?", propoñen. Coma temos que esperar, paréceme unha idea magnífica. A auga rivaliza con nós, mais é un marco estupendo!.


E finalmente, Romeo e Xulieta: unha preciosa posta en escea cos monicreques da compañía Per Poc. Máscaras e teas de cores móvense, bailan, ata tremen coa música de Prokofiev interpretada pola Orquestra Sinfónica de Galicia. Mágoa a mala calidade do son da amplificación da narradora: era moi difícil entedela. Para min, o momento máis impresionante: a célebre Danza dos Cabaleiros. Unha recomendación, agora mirade de novo os vídeos propostos para este concerto (Recoméndoche...Romeo e Xulieta) . De seguro, que disfrutades máis deles.

Un día inesquecible no que temos que agradecer o inmenso traballo das nais da ANPA e d@s compañeir@s de Conserxería. Grazas a Carmela, Ana, Marije e Manolo

viernes, 25 de mayo de 2012

Recoméndoche...Audición de Cámara



Non te perdas a audición de alumn@s de Cámara desta tarde ás 19:00 no auditorio José Arriola do noso conservatorio. Poderás escoitar obras para soprano ou tenor, clarinete e piano de Spohr; soprano e guitarra de Vicente Martín y Soler ou as cancións populares para voz e piano de García Lorca.

A partires do repertorio desta tarde, escollín dúas obras que son cantos de berce.

Wiegenlied (Canto de berce) de Louis Sporh (1784-1859)



Nana de Sevilla de Federico García Lorca (1898-1936)


jueves, 24 de mayo de 2012

A pequepomba trae unha nota de prensa



Hoxe traio no meu pico a noticia que recollía o Diario de Ferrol no seu xornal do martes 15 de Maio sobre o noso concerto xunto cos compañeir@s da Banda dos Pequenos no Cmus de Culleredo. 


O Peque Coro foi noticia!

miércoles, 23 de mayo de 2012

Recoméndoche...Romeo e Xulieta

Romeo e Xulieta (1880). Pasquale Romanelli

Por fin poderemos disfrutar este sábado do ballet Romeo e Xulieta de Prokofiev!. Mais non veremos bailaríns en escea, senón os monicreques da compañía Per Poc baixo a interpretación musical da Orquestra Sinfónica de Galicia no Palacio da Ópera de A Coruña.

Romeo e Xulieta é unha composición de Sergei Prokofiev baseada na gran historia de amor de William Shakespeare. Prokofiev remata a composición da partitura no ano 1935, mais os bailaríns rexeitan a súa obra porque consideran imposible de bailar pola súa complexidade rítmica. 

Romeo e Xulieta pertencen a dúas familias inimigas de Verona: os Montescos e os Capuletos. Romeo e Xulieta non poden evitar o seu amor, a pesares das prohibicións das súas respectivas familias.

Coñeceránse nunha festa no palacio da familia Capuleto. Xulieta Capuleto entra no palacio durante o baile e alí aparecerá Romeo Montesco cunha máscara; tiña que agocharse por tratarse dun Montesco. Esta é a escea que corresponde a esta Danza dos Cabaleiros do ballet de Prokofiev:


E para que vos fagades unha idea do espectáculo que alí veremos pola Compañía Per Poc:


Pequecoristas, pasaremos unha estupenda tarde de concerto.

martes, 22 de mayo de 2012

Quen quere ser...un sabio das tonalidades?

Grazas ó blog Musikanten descubrín un formato de xogo que lle vai a encantar ós pequecoristas de 3º e 4º curso de G.E. para repasar as tonalidades. Así que, imitando a súa actividade elaborei unha nova similar. Quen saiba ben as tonalidades, pode sentir que posúe unha boa fortuna, porque é a base do noso sistema musical.

Clicade sobre a imaxe e ...A XOGAR!



lunes, 21 de mayo de 2012

O mundo dos acordes


Para @s pequecoristas de 3º G.E. propoño unha nova actividade coa fin de entrenar o noso oído na diferenza entre os acordes perfecto maiores e os acordes perfecto menores.

Clicade sobre a imaxe e comezaredes a actividade. As preguntas cambian a súa orde, así que @s que teñades dúbidas, repetide o exercicio e atendede á correción dos erros.



sábado, 19 de mayo de 2012

O canto do cisne


A pesares de que un cisne non canta, existía un antigo mito que dicía que un cisne cando está a piques de morrer, emite un belísimo canto. Con esta idea triste e poética á vez, tamén referímonos á última obra dun artista. 

Onte, coma os cisnes das lendas, emitía o seu último canto unha das voces máis admiradas deste século: o barítono Dietrich Fischer-Dieskau (Berlín 1925-18 de Maio de 2012). Embelesaba especialmente as súas interpretacións de lieder (poemas alemáns con acompañamento pianístico).

Coma mostra da súa arte, este lied de Schubert adicada á Música, acompañado ó piano doutro intéprete excepcional Gerald Moore.

Ti adorable arte, a miúdo nas horas escuras
cando a salvaxe órbita da vida me envolve
acendiches o meu corazón ó cálido amor,
e transportáchesme a un mundo mellor.

A cotío un sospiro, escapándose do teu corazón,
unha doce e bendecida harmonía túa
un ceo de épocas mellores abriuse.
Oh, Arte encantadora, por iso agradézote!



E coma despedida, a fermosísima Serenata do ciclo de lieder de Schubert Schwanengesang (O canto do cisne) . De novo, Fischer Dieskau con Gerald Moore: unha sublime interpretación.



viernes, 18 de mayo de 2012

Novas da pequepomba para o día 19 de Maio

Levo no meu pico unha mensaxe:

"Lembrade que o sábado día 19 non hai ensaio, xa que moit@s estaredes aproveitando estes días de descanso. Colleremos enerxías para preparar ben o noso concerto final de curso (xoves 14 de xuño) co repertorio de todo este ano...e algunha obra máis que creo que gustará moito ó publico e pequecoristas.

Ata a próxima semana querid@s pequecoristas"


Ábrese o telón...en Culleredo


Ábrese o telón e vese un coro de nen@s...Unha nova sensación. O coro preparado mentres escoitábamos o murmurio do público que enchía o auditorio. Xa perfectamente colocad@s en escea, apángannos as luces. Atención!. E pouco a pouco abren o telón. 

Neste concerto xa estábamos moi seguros. O repertorio está moi ben traballado e o ensaio previo ó concerto estivo moi ben aproveitado. Pequecoristas: espectacular!.

Nese ensaio previo @s pequecoristas pídenme cantar "Vois sur ton chemin", peza que estaba fóra do programa. Así que, tendo en conta o entusiasmo do público, debíamos adicar unha obra máis. E, para sorpresa d@s pequecoristas, dende o esceario comento que interpretaremos unha peza máis. Que cara de ledicia tiñan tod@s!. Con esa canción foron gañadores do concurso de bandas sonoras Tócaa outra vez, Xan...e, hai que dicir, que cántana moi, pero que moi ben. 




O concerto continúa coa Banda dos Pequenos. Noraboa á tódol@s integrantes da banda (algúns son tamén pequecoristas) e ós seus directores polo seu gran traballo: Patricia e Miguel. A última obra é interpretada conxuntamente polo noso coro e a banda: Pequeno Mundo. Gustou tanto, que tivemos que repetila. Os pequecoristas estaban moi crecid@s cun gran son!. Eu, ó fondo do auditorio, miraba con moito orgullo para o Peque Coro.


A pesares das dificultades que podemos atoparnos na organización destes concertos, haberá que tomar forzas, e o vindeiro curso volver a compartir un concerto fóra do noso conservatorio cos nosos compañeir@s de Banda. Aínda que nos queda unha cita máis na que compartiremos esceario. Esceario e parte das butacas, pois non sei coma poderemos colocarnos no noso auditorio! Xa avisarei ós nosos seguidores e seguidoras fieis da nova cita.

Parabéns, pequecoristas e pequenos da Banda polo exitoso concerto!

jueves, 17 de mayo de 2012

Parabéns polo Recital das Letras


Onte o Peque Coro participou no Recital das Letras organizado polo Equipo de Dinamización da Língua coa interpretación de dous temas: Compañeira de Fuxan os Ventos e a Alborada, coa música recollida no Cancioneiro de Inzenga e a letra que adaptamos a partires duns versos da Alborada de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. 

En definitiva, cun repertorio moi apropiado para a conmemoración dun 17 de Maio.

Compañeira era un tema que cantábamos por vez primeira para o público. Encántanos! Ademáis coa colaboración nos violonchelos de Marcos e Pablo (profesor de chelo do noso conservatorio), Compañeira foi aínda máis expresiva. A Alborada é un tema xa coñecido polos nos@s seguidores. E, coma sempre,  Rita magnífica coa gaita.

A@s pequecoristas sábelles a pouco cantar dúas obras, e o público tamén, pero, coma sabedes tiveron un ano cheo de concertos e colaboracións.

Unha vez máis hai que felicitar a@s pequecoristas, especialmente coa nosa estrea de Compañeira. De seguro que a Fuxan os Ventos gustaríalle escoitar a súa canción interpretada polo Peque Coro.



Parabéns, querid@s pequecoristas polo Recital das Letras!

Día das Letras Galegas



Cada 17 de Maio (Día das Letras Galegas) recordamos a Rosalía de Castro: a poetisa que introduce a língua galega na literatura contemporánea. Partindo da música popular galega e das tradicións populares, Rosalía de Castro publica o 17 de Maio de 1863 Cantares Gallegos. Así pois, os 17 de maio homenaxéase a distintas personalidades da literatura e da cultura galega.


Con estes versos comezaba a cantar Rosalía nos seus Cantares Gallegos:

Has de cantar,
meniña gaitera;
has de cantar,
que me morro de pena.
Canta, meniña,
na beira da fonte;
canta,daréiche
boliños do pote.
Canta, meniña,
con brando compás,
daréiche unha proia
da pedra do lar.
Papiñas con leite
tamén che daréi;
sopiñas con viño,
torrexas con mel.
Patacas asadas
con sal e vinagre,
que saben a noces.
¡Que ricas que saben!
¡Que feira, rapaza,
si cantas faremos...!
Festiña por fora,
festiña por dentro.
Canta, si queres,
rapaza do demo;
canta, si queres;
daréiche un mantelo.
Canta, si queres,
na lengua que eu falo.
Daréiche un mantelo.
Daréiche un refaixo.
Co son da gaitiña,
co son da pandeira,
che pido que cantes,
rapaza morena.
Co son da gaitiña,
co son do tambor,
che pido que cantes,
meniña, por Dios.



miércoles, 16 de mayo de 2012

Letras Galegas 2012: Valentín Paz Andrade




O homenaxeado das Letras Galegas deste ano é Valentín Paz Andrade, avogado e escritor das terras do Lérez (Pontevedra).

Atopei un vídeo fantástico adicado a este home. Por certo, excelente o traballo destes novísim@s xornalistas do CPI dos Dices en Rois no "Telexornal Paz Andrade":





A continuación un vídeo que preséntanos versos de poemarios de Paz Andrade, coma Pranto matriarcal ou Cen chaves de sombra. Palabras que conteñen musicalidade envoltas nun atmósfera acorde a elas:

martes, 15 de mayo de 2012

Novas da pequepomba para o día 16 de Maio

Levo no meu pico unha mensaxe para tódol@s pequecoristas:

"Mañá 16 de Maio ás 18:00 o Peque Coro terá a honra de abrir o concerto adicado ás Letras Galegas 2012. A convocatoria dos pequecoristas será ás 17:30 na aula 23. En canto pasedes pola porta da aula, entrades nun espazo sagrado: nada pode perturbar o ambiente sereno que hai alí. Non hai máis sons que os cantados pol@s pequecoristas en harmonía (tanto musical coma espiritual).

Ata mañá, querid@s pequecoristas"

domingo, 13 de mayo de 2012

Coro de escravos da Frauta Máxica



Unha das obras que máis sorprende nos nosos concertos é a nosa versión do Coro dos escravos que aparece na Frauta Máxica: unha ópera de Mozart que foi estreada en Viena no ano 1791 baixo a dirección do propio Mozart.

A Frauta Máxica é un singspiel: un tipo de ópera popular alemana onde hai partes faladas. A historia adéntranos no mundo da imaxinación e dos soños: o príncipe Tamino fuxe dunha gran serpe e refúxiase nun bosque no que cae desmaiado. Alí, coñecerá á Raíña da Noite e a Papageno, un home que caza paxaros para a raíña. Tres mulleres da corte da raíña da Noite ensínanlle a Tamino un retrato de Pamina, a filla da raíña que está secuestrada polo cruel Sarastro.

Tamino namórase ó instante daquel retrato, así que irá no rescate de Pamina. As tres mulleres entréganlle a Tamino unha frauta máxica que ten o poder de cambiar o estado de ánimo de aqueles que o escoitan e a Papageno, o cazador de paxaros, ofrécenlle unhas campás máxicas que lle protexerán.

A partires de ahí, Tamino debe pasar unha serie de probas nas que a intelexencia será a súa mellor conselleira. Papageno atopa a Pamina no palacio de Sarastro: cando están a piques de escapar, Monostatos, que traballa ó servizo de Sarastro, pretende deter a fuxida reclamando axuda ós escravos. Ante isto, Papageno fai soar o seu xogo de campás e os escravos ás órdenes de Monostatos, póñense a danzar e cantar ó son das campaíñas.

Sona tan marabilloso
sona tan delicado...
Nunca vira nin escoitara
nada tan fermoso.

No seguinte vídeo veredes  o coro dos escravos. Para @s pequecoristas será moi chamativo o tempo, xa que nos precisamos un tempo máis moderado para poder incluír as nosas campás afinadas.




A versión da Escolanía do Escorial tamén vos gustará: nesa tonalidade as voces dos nenos brilan máis. Tamén é moi acertada a imaxe proxectada dos carruseis, verdade?




Se queredes continuar coa historia da Frauta Máxica, clicade sobre a imaxe e vos levará ó fantástico libro da Cuéntame una ópera.



E para rematar, dous momentos que coñeceredes da Frauta Máxica, aínda que non teñades claro que pertencían a esta ópera:

A sempre impresionante aria da Raíña da Noite



O gracioso dúo de Papageno e Papagena



sábado, 12 de mayo de 2012

@s pequecoristas de gran corazón


Tempo atrás fixemos unha pausa no noso camiño para reflexionar que pasaba nos ensaios, e especialmente, no noso primeiro concerto lonxe das nosas terras.

Canto me alegro dese día que tivemos que sentarnos en roda e falar tranquilamente...Os ensaios trocáronse en momentos de disfrute para cantar e escoitar. Pero o mellor, nese día de loucura colectiva, comezara a brotar. 

O Peque Coro non só esta formado formado por nen@s que cantan moi ben, senón por nen@s cheos de bos sentimentos: que se apoian, que se miman, que se queren.

Hoxe, ademáis quixeron mimar á súa pianista e á súa directora, quenes recordan aínda emocionadas e inmensamente agradecidas o ensaio de hoxe.

Tódol@s pequecoristas andaban ás carreiras..."Catuxa, Alexandra esperade,...esperade un minuto que agora chegamos". Algo estaban tramando. Pensei para mín: "querían festa por ser gañadores do concurso de bandas sonoras...Traerán globos? Golosinas?". En fin, agardábamos a entrega do noso agasallo pola participación no concurso, así que, xa estaba programado que unha parte do noso ensaio de hoxe sería para rir e falar. E @s nen@s entran no auditorio coma nunha gran procesión. Aproxímanse con miradas ilusionadas ante a nosa reacción. @s nos@s pequen@s quixeron compartir a súa ledicia destes días cun agasallo dun ramo de flores precioso e unha emotiva adicatoria.

Un ramo de flores que nunca esqueceremos: non era nin o noso cumpreanos, non era unha despedida, non era parte dun protocolo...Era una agasallo no que pensaron os nen@s: sen o impulso dos seus pais e nais. Como poden nenos e nenas estar pensando en sorprender ós maiores? Só é posible en nen@s cunha gran sensibilidade...Por iso, cantan tan ben...e por iso son capaces de emocionarnos cantando.

Grazas, queridísim@s pequecoristas, coma ben dicides: todos formamos o Peque Coro



viernes, 11 de mayo de 2012

Compañeira


Compañeira é unha canción de Fuxan os Ventos, un grupo de música folk e música popular galega que naceu no ano 1972. Dende ese ano deron a coñecer un repertorio moi amplio e rico de música tradicional galega, convertíndose nun grupo fundamental na dignificación do idioma e da cultura galega. No ano 1976 publican o seu disco Fuxan os Ventos. Nel aparece Compañeira, con música e letra creada por eles.

No seguinte vídeo escoitaredes a Compañeira de Fuxan os Ventos



A versión que nos cantamos é un arranxo de Julio Domínguez, quen dirixe a este coro de mulleres na súa versión para dúas voces a capella (sen acompañamento instrumental).



Os nosos amigos do Coro Infantil do Cmus de Lugo cantan moi ben esta obra. Nun futuro concerto sería moi bonito compartir esceario cantando xuntos a Compañeira.

jueves, 10 de mayo de 2012

Novas da pequepomba para o día 11 de Maio


Levo no meu pico unha mensaxe para tódol@s pequecoristas:

"Lembrade que debedes estar na entrada do noso conservatorio ás 16:30 para continuar a nosa pequexira de concertos. Mañá o noso concerto será no auditorio do Conservatorio de Culleredo.

Coma sempre, bebede moita auga, durmide ben, e polo ben do vosa voz, do voso oído, da vosa concentración... nada de berros durante a viaxe! 

Ata mañá, querid@s pequecoristas!"


martes, 8 de mayo de 2012

Noraboa por "Tócaa outra vez, Xan"!

O Peque Coro acadou o primeiro posto no concurso "Tócaa outra vez, Xan" organizada pola ANPA do noso conservatorio. Noraboa a tódol@s pequecoristas e o resto dos participantes que convertiron o concurso nun éxito de participación.

Cando decidín inscribir ó Peque Coro no concurso pensei en colaborar coa ANPA, que tanto nos axuda. Non era consciente da ilusión que tiñan posta @s pequecoristas: a miña intención era acudir cun repertorio que nos gusta moito, coa mesma ilusión que preparamos cada obra e cada concerto: nin máis, nin menos. Sen embargo, para @s pequecoristas foi algo máis. E só decateime cando entraron na miña aula (mentres eu seguía as miñas clases de Linguaxe), e cunha explosión de ledicia inmensa traen a noticia de que o Peque Coro foi escollido para o primeiro posto. Despois de esas caras tan contentas, eses saltos de xúbilo...mereceu a pena presentalos ó concurso. En outros concertos, para mín, xa saían victoriosos cun bo concerto cheo de emocións. Mais o seu entusiasmo consegue emocionarme moito máis.

Noraboa a tódol@s pequecoristas e un gran bico para a nosa pequecoristas Inés, que estaba maliña e non puido disfrutar con nós deste éxito!

Atención ó director...E á directora!


En moitas ocasións temos que insistir na importancia de que @s pequecoristas miren á súa directora (quen escribe estas liñas). E cada vez, conseguimos que máis nen@s presten atención ás súas indicacións. O Peque Coro xa tivo a experiencia de estar baixo a dirección de Henar, a directora do Coro Infantil de Lugo; baixo a dirección de Polo (aqueles pequecoristas que asistiron ó curso) e na tarde de onte baixo a dirección de Miguel, profe de trombón do noso conservatorio e director da Banda dos Pequenos.

Xa son moitas mans! E observamos que baixo a dirección doutras persoas, a súa concentración é máxima. Fagamos unha lectura positiva, xa que son capaces de seguir outros xestos novos para eles, outras maneiras de pedirlles a súa expresión.

O ensaio coa Banda dos Pequenos foi unha nova experiencia: breve pero enriquecedora. Mirábamos atentamente como afinaban, mentres reinaba o silencio entre tod@s nos e o resto da banda. Axiña entendimos as entradas que nos sinalaba Miguel. Tamén era novo seguir as indicacións do director cunha batuta. E, por suposto, a necesidade de escoitar tódolos sons que enchían a aula. "Atención: máis piano,...tempo..." dicía Miguel. Eu pedía ó coro: "pronunciación clara..., atención ó corte final..."

E teño que dicir, que están amosando un maior aproveitamento dos seus ensaios grazas á súa disciplina e respeto polo esforzo de tod@s. Unha actitude fantástica!. Na tarde de onte saía ben fachendosa da aula de orquestra pola actitude d@s pequecoristas e, como non, polo seu resultado. Ata parecía máis alta polo orgullosa que estaba!

Vaia co Peque Coro !

domingo, 6 de mayo de 2012

Pequeno Mundo


Na miña selección de obras que me gustaría cantar co Peque Coro, non ten cabida a música comercial, a música de debuxos animados, e, moito menos aquela que segue relacionando a música para nen@s e contos para nen@s cos mundos das princesitas indefensas e príncipes valerosos. Estamos medrando no século XXI

NON, NON e MIL VECES NON!

Así que, a pesares de que existen moitas agrupacións e moitos profesores que escollen obras para nen@s baséandose no criterio de música que xa coñecen, a miña inteción é a contraria.

Quero amosar ós pequecoristas mundos novos con música de calidade. Temos milleiros de obras por descubrir de moitos tempos e culturas...Por iso, sempre rexeito a música de Disney...que tanto gusta a moitos profes. É a miña decisión: nin é mellor nin peor que a doutros. Simplemente é a miña.

A isto, quero explicar ó Peque Coro porque paso por alto os meus principios, ensaiando Pequeno Mundo. Coido que cantar acompañados pola Banda dos Pequenos pode ser unha experiencia fantástica para todos.

Os profes da Banda, Patricia e Miguel, propuxéronme cantar con eles. Así que, por vivir esa experiencia faremos unha excepción.. Teño que ser sempre sincera c@s pequecoristas, para que manteñamos a nosa comunicación sincera: musicalmente o Pequeno Mundo non me apaixoa. Si me gusta a mensaxe da canción proposta: "moito hai que poder compartir entre a humanidade". E que cunha letra de princesitas...Por ahi non podería pasar!

De cara o ensaio coa banda, quero dicirvos que non vos preocupedes en exceso pola sonoridade: non podemos rivalizar cos instrumentos de vento. Manteremos o noso interese nunha boa afinación e  nunha pronunciación clara da letra.

O Pequeno Mundo é unha canción composta polos irmáns Shermann para acompañar unha gran atracción de Disneyworld. No seguinte vídeo tedes a versión orixinal cantada e acompañada ó piano por un dos seus creadores: Richard Shermann. Non é un bo exemplo vocal no que inspirarse, mais o seu acompañamento é interesante. Ademáis, do cambio de carácter que nos podíamos imaxinar. Non é unha obra cun carácter tan marcial, coma escoitei en outras versións.





A seguinte versión, pode servirvos de acompañamento mentres repasades antes do ensaio coa Banda dos Pequenos (atención ó outro tema de enlace...que non vos despiste!)

sábado, 5 de mayo de 2012

Novas da pequepomba para os días 7 e 8 de Maio


Levo no meu pico unha nova mensaxe para tódol@s pequecoristas:

"Lembrade que o luns día 7 de Maio ensaiaremos coa Banda dos Pequenos. Unha nova experiencia!. 

Estarei esperándovos na aula 23 ás 19:00. Puntualidade e concentración no mesmo intre que atrevesedes a porta da aula, xa que en canto teñamos a voz e a mente preparada iremos á aula de Orquestra onde nos agardan.

Ademáis, recordade que o martes 8 participamos no concurso "Tócaa otra vez, Xan". A convocatoria do martes será ás 17:30 na aula 23, para participar no concurso a partires das 18:00.

Descansade moito este domingo porque nos enfrentamos a unha semana que precisa enerxía.

Un gran abrazo para @s pequecoristas"

Asante, Polo

Pasou axiña esta fin de semana onde tod@s disfrutamos moitísimo cos cantos e danzas que Polo Vallejo compartiu con nós. Polo fíxonos viaxar por distintas culturas tanto ós máis peques coma os maiores: Tanzania, Xapón, Rumanía, Estados Unidos, Arxentina

O que máis me fascina son as súas historias cos wagogo de Tanzania. Neste segundo ano que Polo ven a visitarnos, todos recordábamos:

- " Nhyangauya hoye hoye...(canta Polo acompañándose da súa ilimba)
-  Oh Nhyangauya!" (respostamos alegremente tod@s).

Gústanos moito a historia de Nhyangauya, o neno que non deixaba de chorar

- Uleme, uleme nikutole nene...Nikugulilé...(entoa Polo)
- Khanga! (con enerxía responde toda a tribu)
- Sanduku...
- Imene!...Elelelé.

Tódol@s pequecoristas que quedáchedes con gañas de saber máis sobre o universo musical dos wagogo, tedes na Biblioteca José Fontenla do noso conservatorio o libro de Polo que relata moitas historias preciosas: Mbudi Mbudi Na Mhanga.

Só quero engadir, un ano máis, dúas palabras: grazas, Polo. Ou mellor, en swahili:

Asante, Polo

martes, 1 de mayo de 2012

"Tócaa outra vez, Xan"






A Asociación de Nais e Pais do Cmus Xan Viaño organiza o concurso "Tócaa outra vez, Xan", para participar toda a comunidade educativa interpretando versións de bandas sonoras de películas.


Hai moitísimos participantes e, de seguro, haberá versións moi boas e postas en escea moi orixinais. O Peque Coro está preparando a súa participación cunha selección da película Les Choristes. Non me gustan os concursos. E menos, que nen@s teñan que asumir que un é gañador e outro perdedor. Mais, o espírito deste concurso da ANPA é outro: trátase de adicar unha tarde máis, coma tantas outras do noso conservatorio, a compartir esceario a partir dun idea concreta. E a ANPA axúdanos tanto ó Peque Coro, que tiñamos que estar ó seu lado neste concurso!

Pequecoristas, non quero que sintades decepción se non somos "gañadores". O que importa é a ilusión coa que estamos ensaiando.  E non é un tópico: no ensaio do sábado pasado houbo un instante máxico: unha emoción repentina invandiunos, e iso é o mellor premio que pode experimentar un coro. Ademáis, nos xa estamos gañando dous temas que xa forman parte do noso repertorio, da nosa vida musical.

E se somos seleccionados entre os "gañadores"?. Pois, estaremos agradecid@s coa organización e seremos moi respetuosos cos compañeir@s que tamén querían estar entre os seleccionados e tamén puxeron moito esforzo neste concurso.

Só temos que ultimar a posta en escea...mais non quero desvelar nada para sorprender ó público.

Pequecoristas, mirade estes instantes da película...no próximo ensaio podedes aportar as vosas ideas.





Non perdades ningún detalle deste intre:






Mans á obra: