O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

jueves, 21 de junio de 2012

Algúns vídeos do último concerto


Velaí tedes unha mostra do noso último concerto nestes vídeos que atopei para a miña sorpresa. As emocións alí vividas non se poden apreciar, e non vos asustedes pequecoristas, o son desvirtúa o resultado, mais son un bonito recordo do que disfrutar grazas a grabación da familia dunha pequecorista, Elisa.

Ave María de Vladimir Vavilov: noraboa ós máis veteran@s pola interpretación...e tamén ós máis peques!



Himno á Noite de Rameau: ó longo deste curso interpretamos en distintos concertos esta obra. Este día, precisaba unha nova posta en escea...Ademáis da colaboración do cuarteto Ponticello.



A nosa versión da Compañeira de Fuxan os Ventos, xunto a Marcos G. e Pablo P. nos chelos



O sol brila alto...Calquera destes vídeos me encanta. O segredo ben gardado para @s pequecoristas: as nais e pais a escea. A súa reacción foi a mellor posible: unha ledicia inmensa, saltos, aplausos, bicos polo aire... e así despedíanos alegremente este concerto. Todo unha festa!

No primeiro vídeo, contamos coa entrega do cámara (Pablo), o irmá dunha pequecorista, Marta. Quen, mentres graba, non pode deixar de cantar...Vaia xiro do Peque Coro na súa entrada!. Por certo, que son tan bonito cando entran só o Peque Coro. Os pais e nais fixéronno xenial, mais reparade neste intre: un son blanco precioso.




Neste segundo vídeo poderedes ver a todo o Peque Coro. Co noso sol tan brillante, precisábamos unhas boas gafas. E ata gafas con motivos musicais!.



ESPECTACULAR!

sábado, 16 de junio de 2012

A maxia do Peque Coro


Despois da intensidade do concerto final do Peque Coro, precisaba un día de tranquilidade para reflexionar sobre o noso concerto final. Se tivese que escribir unha liñas xusto despois do concerto diría que foi fantástico, porque aínda estaba baixo o efecto dunha gran euforia.

Días despois, teño a mesma sensación...e a miña valoración do concerto segue sendo a mesma. Un concerto máxico.

Ó longo do curso participamos en moitas audicións cun par de obras seleccionadas en relación ó tema. Mais, a nosa concentración non é a mesma; non temos tempo para prepararnos para saír a escea: nin a nosa mente está preparada nin as nosas voces. A pesares disto, creo que houbo concertos moi bos...especialmente cos amig@s de Lugo e coa Banda dos Pequenos en Culleredo

Neste concerto final a nosa disposición é máxima: tivemos tempo previo para relaxarnos, respirar, recordar postas en escea...O curso pasado comprobamos que o concerto final é o que recolle as mellores esencias de cada ensaio. En moitas ocasións comento que o mellor do Peque Coro queda en cada ensaio: coa preparación de cada obra xorden momentos máxicos. Nadie sabe o moito que rimos a pianista maila directora coa nosa versión do Gran Duke con turutas...ou a sensación na preparación de Vois sur ton chemin...en moreas e moreas de sensacións. Eses momentos eran mellores que o resultado final que entregábamos ó público.

Mais, no concerto final, o Peque Coro abriu a súa caixa máxica chea de sensacións para compartila co público. Creo que todos disfrutamos moitísimo deste concerto. Dende logo, os que estábamos sobre o esceario así o fixemos. Eu apreciábao n@s pequecoristas na expresión das súas miradas, nos seus acenos, e, como non, nas súas voces...

Cada tema esixe un carácter distinto...e polas reaccións do público coido que se conseguiu. Bágoas despois do Ave María,...(previo a un ambiente creado polos temas da banda sonora de Les Choristes), ...exclamacións ante On suuri...risas ante a interpretación dun simpático campaneiro na Coro da Frauta Máxica...aplausos enérxicos co final solemne da gaita na Alborada...entrega máxima do público coa Ronda do Soldadiño.

Dende o primeiro acorde o Peque Coro e o público estiveron en harmonía: así cómplices coas nosas intencións, @s pequecoristas medraron en escea. Tan cómplice era o noso público que había unha sorpresa final para os propi@s pequecoristas: as nais e pais compartían esceario cantando xuntos Now the sun...Nas caras d@s pequecoristas non podía existir un sorriso máis grande. Así que, parabéns ás nais e pais que dende o primeiro ensaio tiveron unha entrega máxima.

Despois deste concertazo final, onde quixemos agradecer ó seu traballo ós colaboradores dos nosos concertos, á ANPA polo seu esforzo presente nas nosas propostas e ós nosos compañeiros e compañeiras de conserxería (Manolo, Sandra e Raquel), quen sin eles non sería posible os nosos ensaios, o Peque Coro despídese ata o próximo curso. 

Para moit@s, e para a pianista e a directora, será unha longa espera, mais @s pequecoristas seguirán cantando e escoitando moita e boa música e, nós pensando nas obras coas que seguirán ilusionando o noso Peque Coro (por certo, xa teño nas miñas mans unha obra marabillosa para o Día da Paz...)


Parabéns, queridísim@s pequecoristas!

martes, 12 de junio de 2012

Recoméndoche...Audición de Canto e Coro


Mañá ás 19:00 no auditorio José Arriola do noso conservatorio poderedes disfrutar do último concerto dos alumn@s de Canto e de Coro de Grao Profesional. @s alumn@s de Canto ofrecerán un programa cun repertorio de música española e o Coro unha selección de grandes obras.

Poderedes escoitar o impresionante Va, pensiero (Vai, pensamento) da ópera Nabucco de Giuseppe Verdi (1813-1901): unha ópera de temática bíblica que foi estreada no Teatro alla Scala de Milán no ano 1842. O Coro de Escravos Hebreos canta a morriña á súa terra. Italia sufría a ocupación das tropas austríacas, polo que este coro convertiuse nun canto fronte a invasión:



Pequecorista, non perdas este concerto!

sábado, 9 de junio de 2012

Recoméndoche...Coro Cantabile


Na nosa viaxe ó Palacio da Ópera para disfrutar do concerto de Romeo e Xulieta, inmortalizamos a nosa presencia cunha fotografía na fervenza do Parque de Santa Margarida e o Palacio. E, coma xa comentamos, comezamos a cantar...antes de que a choiva nos silenciara.

Unha muller moi agradable achegouse onda nós para preguntarnos quen era este coro "que sonaba tan ben". E recomendounos escoitar ó coro Cantabile. Por suposto, que coñecemos a ese magnífico coro! Precisamente con eles abríamos a nosa sección do blog "Recoméndoche", para animar a tódol@s pequecoristas a asistir ó concerto de Dido e Eneas. Marabilloso traballo!

Cantabile é un fantástico coro infantil e xuvenil da Coruña que nace no ano 2002 con grandes proxectos. E dende entón: presentación de cd, concertos internacionais, presencia en grandes óperas...Queredes unha mostra?. Dous coros de grandes obras barrocas interpretados nun dos seus concertos en Roma.

Para @s futboleir@s esta obra fará que recordedes o himno da Champions League. No ano 1992 Tony Britten fai arranxos a partir da obra de Haendel, de ahí as semellanzas. Por suposto, escoitaredes o tema orixinal de Haendel: un coro do oratorio Zadok, the Priest (Zadok, o sacerdote). Un oratorio é unha obra relixiosa formada por coros, arias (interpetados polas voces solistas) e recitativos (estilo a medio camiño da fala e do canto) acompañados por unha orquestra.




A seguinte obra é a máis célebre da música relixiosa de Antonio Vivaldi: o Gloria. Unha obra da que escribiu varias versións para ser cantadas polo coro das nenas dun orfanato de Venecia: o Hospital da Piedade. Esta obra constaba de varias partes. Escoitaremos o momento musical máis célebre que abre esta obra polo Coro Cantabile: Gloria in excelsis Deo.



Unha das pequecoristas, Marta, máis a pianista e a directora, escoitamos a este coro compartindo esceario co Coro de Saint Marc no Teatro Colon da Coruña. Eles abriron o concerto e finalizaron cantando xuntos Vois sur ton chemin...Pequecoristas, xa sabedes, hai que estar atent@s para escoitar en concerto a Cantabile.

domingo, 3 de junio de 2012

O Peque Coro no xornal de hoxe



Non vos perdades a prensa de hoxe, porque O Peque Coro volve a ser noticia no Diario de Ferrol.


Clica sobre a imaxe e accederás á noticia

sábado, 2 de junio de 2012

Proba distintas sonoridades


Facendo un click na imaxe, navegarás pola rede ata unha páxina francesa pensada para nen@s de Educación Infantil, mais nos darémoslle unha nova utilidade.

Cada nen@ dese coro podemos facelos cantar con só facer un click sobre eles. Moi importante: clicade sobre a boca...senón o único que modificades é as súa roupas ou peiteado! Para facelos calar, de novo un click. O reto que vos propoño é que adiviñedes a nota que cantan cada un destes nen@s.

E o máis interesante: probade distintas combinacións de sons facendo cantar simultaneamente a vari@s coristas. Especialmente os pequecoristas de 3º e 4º de Grao Elemental poderedes pensar no acorde final (e no seu estado os de 4º). Probade a formar acordes perfecto maiores e outros perfecto menores. E porque non outras acumulacións de sons?

viernes, 1 de junio de 2012

Autocanon




O Autocanon do compositor belga Bert Appermont é un divertido canon que coñecín grazas a Graciela, nai dun pequecorista e profe de Música. Ademáis do Autocanon, descubrín obras de Bert Appermont da súa colección  Liedejeleuk (Canción bonita): unha fantástica colección de cantos para nen@s!.

Velaí vai o Autocanon!: