O Peque Coro


Este é o blogue para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental e Profesional do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blogue: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

domingo, 29 de julio de 2012

Vídeos do concerto no Cmus de Culleredo


Eiquí tedes algúns vídeos do noso concerto no conservatorio de Culleredo.

O Coro de escravos da Frauta Máxica...a emoción de cantar nun novo esceario era inmensa! Algún de nós estabamos algo nervios@s...mais soubemos manter a concentración e ofrecer unha boa e simpática interpretación 




Coma tivemos un público moi entusiasta, quixemos ofrecer un dos nosos temas preferidos, Vois sur ton chemin. Pequecoristas, fantástic@s!





domingo, 22 de julio de 2012

Recoméndoche..."Cantemos" pola Escolanía del Escorial


Hai tempo que non escoitaba este fantástico disco da Escolanía del Escorial. Grazas a Pablo e Álvaro, dous simpáticos e encantadores pequecoristas, volvín a telo nas miñas mans. 

Tod@ pequecorista debería de escoitalo porque interpretan marabillosamente unha selección de grandes obras de compositores de distintos estilos. 

Velaí vai unha mostra:

A Barcarola da ópera Os Contos de Hoffman do francés Jacques Offenbach (1819-1880). As barcarolas son melodías inspiradas nos cantos dos gondoleiros venecianos. Presentan un ritmo constante nun compás de 6/8 que recorda o remar dos gondoleiros. Pechade os ollos e imaxinádevos nun pazo de Venecia mentres escoitados un canto a unha bela noite, a un bonito amor.

Despois, volvede a abrir ós ollos e reparade na concentración, postura do corpo e colocación da boca destes nenos.



O Coro de rapaces da ópera Carmen do francés George Bizet (1838-1875). Nesta ópera cóntase a complicada historia de amor de Carmen e do soldado Xosé. A escea deste ópera sitúase diante dun cuartel de Sevilla. Uns rapaces imitan os movementos dos soldados e os sons das súas trompetas. 



sábado, 14 de julio de 2012

Un 14 de Xullo..


Un 14 de Xullo nacía preto de Viena Gustav Klimt...Hoxe celébrase o 150 aniversario deste xenial artista. @s alumn@s de 3º recordámolo no Día da Paz a partir da súa obra o Friso BeethovenPodedes volver a mirar a entrada Gustav Klimt e a súa homenaxe a Beethoven.

Hoxe propoño o seguinte vídeo coas súas obras acompañadas pola Gimnopedia nº 1 do compositor e pianista francés Erik Satie (1866-1925)


viernes, 6 de julio de 2012

Queredes máis vídeos do noso concerto final?



Coa obra On suuri fixemos un gran esforzo, tanto pola dificultade vocal coma polo reto de cantar en finlandés. Adicáramos esta obra ós nos@s compañeir@s finlandeses que nos visitaron grazas ó Proxecto Comenius.

On suuri... o parruliño só, triste sen a súa nai.



A Ronda da Soldadiño foi a obra que máis tocaba o corazón do público: a historia dun meniño que ó medrar mándano á guerra. Fuxe para Francia para non ir morrer na guerra, para non ir matar na guerra.

A mensaxe da Ronda (a guerra é para quen nunca aprendeu a semear, é para quen só quere matar para roubar...), os acordeóns de Serafín e Suso, o precioso recitado de Inés, as marabillosas voces dos pequecoristas...Os meniños lindos non nacen para fecer mal.



Estreábamos o Autocanon do belga Bert Appermont. Acendendo motores!