O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

martes, 25 de septiembre de 2012

Novas da pequepomba para o día 28 de Setembro



Traio no meu pico un aviso importantísimo:

"Este próximo venres 28 de Setembro convócase a tódolo@s pequecoristas, pais e nais para informar dos proxectos, organización e normas deste curso.

Agardamos a vosa presenza nesta reunión ás 19:00 na sala de usos múltiples."


domingo, 23 de septiembre de 2012

A chegada do outono




Chegou o outono e, con el, a caída das follas e o son das nosas pegadas sobre elas, as ricas e quentes castañas,... 

e a volta ó conservatorio!

Coma o paxariño que asubía con ledicia e ofrece sons entre follas de bonitas cores, eu quero amosarvos un canto igual de alegre e cheo de distintas cores que acabo de descubrir estes días.

Un canto alegre do compositor británico Ralph Vaughan Williams (1872-1958):  An acre of Land (Un acre de terra) do seu ciclo Folk Songs for the Four Seasons. Son cantos inspirados no folclore inglés relacionados co ciclo das catro estacións: a natureza, as distintas actividades agrícolas, os distintos costumes.  Un acre de terra forma parte dos cantos do Outono.




miércoles, 19 de septiembre de 2012

Recoméndoche...Concerto de Carmen Vidal e Santiago Barro no Jofre


Este venres 21 non te podes perder un fantástico concerto no teatro Jofre: Carmen Vidal e Santiago Barro tocarán en dous pianos obras dos compositores barrocos Bach, Rameau, e Couperin,  e do compositor clásico Haydn.

Imaxinades de que conservatorio foi alumno Santiago Barro?...Efectivamente; foi alumno do conservatorio de Ferrol!

Anímadevos a asistir a este concerto: venres 21 ás 20:30 no teatro Jofre.


jueves, 13 de septiembre de 2012

Recordando a Clara Schumann

O famoso buscador Google recorda no día de hoxe o 193 aniversario do nacemento da pianista e compositora Clara Schumann, cunha imaxe da pianista rodeada dos oito fillos que tivo co pianista Robert Schumann. Clara Wieck era o seu nome de solteira, que cambia co seu casamento con Robert Schumann.

Clara compuxo fermosísimos lieder: cancións con acompañamento de piano a partir de poemas alemáns.

Propóñovos o seguinte lied interpretado por dúas grandes intérpretes femininas. A pianista francesa Hélène Grimaud e a soprano sueca Anne Sofie von Otter interpretan o lied Warum willst du and're fragen? (Por que preguntas ó outros?)


lunes, 10 de septiembre de 2012

A pequepomba avisa do comezo do novo curso


Despois das miñas merecidas vacacións, nas que descansei da miña actividade de pomba mensaxeira, levo no meu pico unha nova para tódol@s pequecoristas e alumn@s do Conservatorio de Ferrol.


As datas de presentación do novo curso serán as seguintes:

MARTES 18 DE SETEMBRO

Presentación no Auditorio das clases de Linguaxe Musical

Alumn@s de 1º de Grao Elemental..................................................................................................17:00

Alumn@s de 2º de Grao Elemental..................................................................................................18:00

Alumn@s de 3º de Grao Elemental.................................................................................................18:30

Alumn@s de 4º de Grao Elemental..................................................................................................19:00


XOVES 20 DE SETEMBRO

Presentación e elección dos horarios das especialidades instrumentais

18:00 horas: alumn@s de frauta, oboe, clarinete, fagot, saxo, trompa, tuba, trompeta e trombón.

19:30 horas: alumn@s de gaita, violín, viola, violonchelo, contrabaixo, guitarra, arpa, acordeón, percusión.

VENRES 21 DE SETEMBRO

Presentación e elección do horario d@s alumn@s de piano ás 18:00 horas


@s compañeir@s de Grao Profesional terán as presentacións das súas materias colectivas o luns 17 de setembro. @s alumn@s de Linguaxe Musical de 2º GP terán a súa presentación ás 19:30 e os de 1º GP ás 20:00.


Aburiño a tódol@s pequecoristas e alumn@s de Linguaxe! Despídome de vos ata a próxima nova.

domingo, 9 de septiembre de 2012

A volta das mochilas


Esta semana que comeza @s pequecoristas regresades con moita ledicia ós vosos colexios. Así que iredes ben cargad@s de enerxía, ilusión por descubrir novos mundos, alegría por ver de novo ós vos@s amig@s... e de seguro que ben cargad@s con moit@s libros marabillosos. 

Libros cheos de cores que cautivan ós ollos, libros con verbas sonoras que cautivan ós oídos, libros onde se recolle o saber da humanidade e os avances científicos e tecnolóxicos. Mais tamén libros pesados. Por iso é moi importante que coidedes a vosa espalda. Tódol@s nen@s deben prestar atención á súa posición corporal, e aínda máis ós músicos, que sacrificamos moito tempo ó noso corpo cunha postura estática.

Así que, polo ben da postura sana d@s pequecoristas, recoméndovos a lectura dun fantástico blog adicado á posición corporal dos músicos: Postura sana en el Conser de Gijón. Neste blog hai un apartado adicado ás mochilas: ata fala das mochilas máis habituais nos conservatorios. Un excelente blog, que incluimos na nosa lista de Enlaces de Interese.

Clicade sobre a imaxe e poderedes ler a sección adicada ás mochilas escrita por Ana, a autora do blog de Postura sana