Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2013

Día Escolar pola Paz

Imaxe
Hoxe, Día Escolar pola Paz, sona en tódolos recunchos unha versión, na súa mínima expresión, da Oda á Alegría . Sería marabilloso que vivísemos no santuario da Alegría, onde tódolos homes serán irmáns. E para recodar o Himno da Alegría , este vídeo no que comprobamos que a furia nunca vencerá sobre a harmonía:

Capitán!!

Imaxe
Por fin comezamos nos nosos ensaios coa divertida obra de Josu Elberdin "Capitán, mi capitán", que cantaremos xuntos cos nosos amigos do Coro Infantil de Lugo. Que boa idea tivo Henar!. Encantoume esta obra dende o primiero momento que a escoitei. A interpretación destes coros en Estonia é fenomenal, que, ademáis do mérito dos bos cantantes, contan cun gran director: Basilio Astúlez. O autor, Josu Elberdin, ten esta obra en castelán, euskera e inglés. Como apreciaredes non cantan en castelán, mais nos sabemos de que trata a obra e cos seus acenos, non cabe dúbida do que acontece.

Recoméndoche...Curso con Basilio Astúlez

Imaxe
Se queredes disfrutar aínda máis cantando, debedes matricularvos no curso que dará Basilio Astúlez no noso conservatorio. Pasaremos tres días fantásticos. Neste curso pódense matricular profes, alumn@s de Grao Profesional e alumn@s de Grao Elemental, especialmente recomendado para @s pequecoristas. Eu xa estou matriculada, e ti?

O son do lixo

Imaxe
En moitas ocasións non somos conscientes dos tesouros que temos: os nosos instrumentos. Comezamos os nosos estudos no conservatorio e poñen nas nosas mans un fermoso instrumento. Fermoso o seu son, fermosa a súa apariencia. Uns teñen preciosas madeiras, outros metais cun brillo case máxico, un verniz chispeante. Mais neste mundo non todos contan coa mesma fortuna. Nunha localidade de Paraguai, sumida na pobreza, existe unha orquestra que toca con instrumentos feitos con lixo. Esta orquestra causa admiración polo seu inxenio, pola súa tenacidade nunhas condicións que non deberían existir para ningún humano, e menos, para nen@s. Velaí un fragmento do documental que trata desta orquestra, a Landfill Harmonic