O Peque Coro


Este é o blogue para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental e Profesional do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blogue: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

lunes, 25 de febrero de 2013

Parabéns polo concerto no Cmus de Lugo


Este sábado pasado viaxamos a Lugo para cantar no auditorio do Conservatorio de Lugo. Disfrutamos moitísimo compartindo esceario cos nosos amigos do Coro Infantil de Lugo, cos que intepretabamos conxuntamente Mi capitán de Josu Elberdin. Cantamos nesta obra: "surcando os mares en mil tempestades"... @s coralistas combatían valentemente a friaxe ofrecendo un cálido concerto.

@s pequecoristas xa non se deixan atemorizar por novos escearios. Para @s veteran@s non era un espazo novo. Que dominio da escea...!. Mágoa que algunhas das nosas pequecoristas estiveran maliñas. 

Parabéns ós amigos do Coro Infantil e á súa directora, Henar, que dirixiu enérxica e alegremente o Capitán!. Que concentrad@s estaban @s pequecoristas! Dende as butacas, a pianista e a directora disfrutamos moito escoitando esta obra.

Parabéns, querid@s pequecoristas!

miércoles, 20 de febrero de 2013

Concerto no Cmus de Lugo

Este sábado compartiremos de novo esceario cos nosos amigos do Coro Infantil de Lugo no seu conservatorio. Preparamos con moita ilusión este encontro coral. 

Será bonito volver a cantar os dous coros xuntos!

jueves, 14 de febrero de 2013

O Peque Coro no concerto European Art Confluence


Como despedida dos nosos amigos do Proxecto Leonardo, celebrouse un concerto entre tódolos países participantes. E, por suposto, o Peque Coro quixo estar presente.

Parabéns ás presentadoras, as nosas pequecoristas Clara e Marta, que explicaban as nosas obras falando en portugués e inglés, para que nos comprendera todo o auditorio.

Can you hear me?



 O noso Autocanon a todo filispín



Now the sun is shining coa colaboración do percusionista Sergio Sande... 
(que sorte temos que sempre está disposto a tocar con nós)



Muito obrigado por ter vindo a este concerto. Ate breve, amigos!
Thank you very much for coming to this concert. See you soon, friends!


jueves, 7 de febrero de 2013

Novas para o 7 de Febreiro


Esta tarde do xoves 7 de Febreiro vémonos ás 18:30 na aula 23, para prepararnos para o concerto de benvida ós nosos compañeiros do Proxecto Leonardo "European Art Confluence". 

O concerto comezará ás 19:00, e tamén participarán os nosos amigos deste estupendo intercambio.

Ata a tarde, querid@s pequecoristas!


lunes, 4 de febrero de 2013

Recoméndoche...bailar con Pesdelán!


Este mércores moit@s dos pequecoristas iremos bailar con Pesdelán xunto cos nosos amigos da Escola de Maximinos de Braga. Que boa maneira de coñecernos!

Este taller de baile baseado na música tradicional galega e portuguesa é unha fantástica actividade dentro do proxecto Leonardo "European Art Confluence", no que participa o noso conservatorio.

Para @s que non vos apuntáchedes ó taller, e quededas coas gañas, Pesdelán ten un DVD/CD no que explican os seus bailes.  Por se non aguantades máis coa intriga de saber de que vai o taller, velaí unha explicación polos membros deste grupo:


De seguro, que os novos amigos que presentou Fiana ó Peque Coro (e que recibimos con tanta ilusión), irían encantados:


Traede uns bos zapatiños para ir ó baile! E a ghastar pista!


domingo, 3 de febrero de 2013

O Peque Coro na Música pola Paz


Despois do esforzo de tantos e tantos ensaios ó longo destes meses, por fin interpretamos Can you hear me? no último dos concertos de Música pola Paz

Sempre gústame describir as sensacións que tivemos en escea, mais nesta ocasión o que sobran son as palabras:


Parabéns a Sara e Carmen.
Parabéns pola interpretación, pequecoristas.

Grazas por tantas e tantas emocións

viernes, 1 de febrero de 2013

Novas para o 1 de Febreiro


Este tarde, venres 1 de Febreiro, ás 19:00 vémonos na Aula de Orquestra, para preparar a nosa colaboración nun dos concertos de Música Pola Paz.

O primeiro paso para que todos estemos ben tranquil@s e concentrad@s antes da saída a escea é que entredes en silencio. Deste xeito, axiña poderemos concentrarnos e preparar a nosa voz.

Ata a tarde, querid@s pequecoristas!