O Peque Coro


Este é o blogue para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental e Profesional do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blogue: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

jueves, 25 de abril de 2013

Unha peque crónica da viaxe a Braga

Catedral de Braga
O Peque Coro viaxou á veciña Portugal. Xa cantáramos noutras terras, mais esta foi a nosa primeira viaxe de varios días. Para moitos, a primeira vez que durmen lonxe da súa familia, mais todos se coidan e se miman coma nunha gran familia.

Ademáis de ofrecer un fantástico concerto compartido cos nosos compañeiros do proxecto Leonardo, adicámonos a coñecer a cidade de Braga. 

A nosa primeira parada foi no xardín da Foz Velha, antes de encontrarnos cos compañeiros do proxecto no Porto para disfrutar dun cruceiro polo Douro. Quería unha foto nesta palco da música, tal e como temos no palco da música do Cantón de Ferrol. É moi difícil conseguir que todos se coloquen para unha foto! 
Palco da Música do Jardim da Foz Velha
Ese primeiro día foi moi intenso, cheo de inquedanzas e novidades que aínda nos alteraban máis. Á noitiña, algúns d@s pequecoristas marchaban ás casas dos seus amigos de Braga. Outros, para a pousada. Unhas horas de moito bulir...!

Na mañá da quinta-feira (o xoves) ensaiamos na Companhia da Música. Non recordo un ensaio tan marabilloso. Quizáis era froito da frescura da mañá máis o desexo de ofrecer un bo concerto. Ata nos podíamos permitir incorporar novidades na posta en escea.

Despois do xantar, visitamos o Museo Biscainhos, un pazo do século XVII que nos amosa elementos da vida cotiá da aristocracia.

Patio do Museu Biscainhos
Estabamos ben atentos ás explicacións do noso guía. 


Non queríamos perder detalle. 


Paseamos polos seus xardíns

Despois dun concerto magnífico, unha magnífica cea. Non sei se magnífica ou desmedida! Buf!

Na sexta-feira (venres), visitamos o Bom Jesus. Mágoa de non ter máis fotos de grupo...pero xa vos comentei o complicado que era xuntar a todo o coro. A gruta preto do igrexa do Bom Jesus engaiolábaos.

Gruta do Bom Jesus
Pola tarde, visitamos a Catedral e o Mosteiro de Tibaes, onde nos explicaron as distintas etapas da súa construcción. Ás veces, para algúns pequecoristas era complicado entender ó noso guía. Atenderon ós seus comentarios sobre o Manierismo, o Barroco, o Barroco Joanino...podíanse perder, mais o esforzo por entender, sempre deixa a semente para aprender.


E puidemos sentarnos no Coro.
Coro da Igreja de S Martinho de Tibaes
Despedímonos da Brácara Augusta. Levamos de volta a sensación reconfortante dun bo concerto, as sensacións ante o descubrimento de outras manifestacións artísticas, as sensacións de convivir cos nosos amigos.

Grazas a Paco e a Ermitas por acompañarnos nesta viaxe, por coordinar tódalas actividades, por informar ás familias durante a viaxe e por ofrecernos a posibilidade de vivir esta experiencia. En nome de tod@s @s pequecoristas: 

 Muito obrigado!


martes, 23 de abril de 2013

No Día do Libro


A lectora (1770) é unha obra do pintor francés do Rococó Jean-Honoré Fragonard que podemos contemplar mentres escoitamos o Trio en re maior de Georg Philipp Telemann (1681-1767), un compositor alemán do Barroco, contemporáneo de J.S.Bach e amigo de Haendel.



martes, 16 de abril de 2013

De Ferrol a Braga


Por fin nos achegamos ó día tan esperado! Mañá viaxamos a Bracara Augusta, como chamaban os romanos á cidade de Braga. Esta cidade do Norte de Portugal é a capital da provincia do Minho.

O xoves compartiremos esceario cos nosos compañeiros do Proxecto Leonardo, European Arts Confluence. Mais tamén teremos tempo a facer turismo pola cidade. Queredes ir descubrindo o que visitaremos?

Catedral
Bom Jesus



















A facer as maletas, pequecoristas!



lunes, 15 de abril de 2013

O Peque Coro no Concerto do Clasicismo


Parabéns ós pequecoristas polo Concerto do Clasicismo. De seguro que ó público ficou con ganas de escoitarvos cantar máis obras. Ademáis, o repertorio para este concerto era moi breve. Aparentemente,  moi sinxelo, ( a sinxeleza das melodías clásicas...), mais precisa moita delicadeza!.

Velaí os vídeos deste concerto:

O Care, Selve de Ludwig van Beethoven. 


Canto de berce de Friederich Fleischmann


Grazas ás organizadoras por convidarnos a participar neste concerto!

domingo, 14 de abril de 2013

Pequecoristas do Clasicismo

Un pequecorista do século XXI pode preguntarse: "como serían @s pequecoristas no Clasicismo?" Podemos facernos unha idea a partires das vestimentas da nosa participación no Concerto do Clasicismo

















Sabela, Sara, Carmen e Amada

Paula, Andrea, Hugo, Marcos e Pablo

Lara, Noelia, Icía, Inés

Azael, Aldara, Marta, Uxía, Pablo, Lea, e os Martines

Miguel, Irene, Javi, Álvaro, Claudia, Névia, Carlos e Pablo

Marta, Ángela, Laura, Iago e Carlos

Estela, Nina, Lucía, Elena, Keila, 
Lisa, Iria, Marta, María e Sara.

Fiana, Clara, as Sofías, Elisa e Ana

miércoles, 10 de abril de 2013

Regresa o Clasicismo


Este venres viaxaremos de novo no tempo para interpretar obras do Clasicismo intentando poñernos na pel dos intérpretas da época. Convídanos a participar no concerto d@s alumn@s de piano, así que, un ano máis, poñeremos a nosas perrucas e mellores galas!.

Cando é a cita? O venres 12 de Abril ás 17:30 h. 


sábado, 6 de abril de 2013

Rosa de Abril


Nascín cando as prantas nascen,
no mes das flores nascín.
Nunha alborada mainiña
nunha alborada de Abril.
Por eso me chaman Rosa,
mais a do triste sorrir,
con espiñas para todos
e ningunha para ti.

No mes de Abril, @s pequecoristas comezamos o ensaio da Rosa de Abril, a canción delicada e bonita coma unha rosa que Andrés Gaos compuxo a partires dos versos de Rosalía de Castro.

Quen era Andrés Gaos? Pois un compositor e violinista nacido na Coruña no ano 1874. Estudou na Coruña, Madrid, París, Bruxelas...Foi un destacado intérprete. Na foto, tiña 8 anos, coma @s máis pequerrech@s do conservatorio.


Adicouse coma compositor a obras para violín e piano, obras sinfónicas (para orquestra) e obras para voz e piano.


Se queredes saber máis deste compositor, visitade a súa web oficial: Andrés Gaos.


A seguinte versión da Rosa de Abril  é un magnífico arreglo e orquestración do compositor vigúes Juan Durán:



lunes, 1 de abril de 2013

Música celestial II

Anxos (1513). Rafaello Sanzio

O ano pasado, aproximadamente por estas datas, escribíamos "Música celestial": na que falabamos da importancia de escoitar grandes obras de música relixiosa, á marxe das crenzas relixiosas de cada pequecorista.

A miña recomendación era un coro da Paixón según san Mateo de J.S.Bach. Unha das obras mestras do compositor alemán que foi estreada o 15 de abril de 1729 baixo a dirección do mesmo Bach. Se queredes saber máis desta obra, volvede a ler "Música celestial".

Este ano volvo a recomendarvos un coro desa mesma obra: