O Peque Coro


Este é o blogue para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental e Profesional do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blogue: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

viernes, 31 de mayo de 2013

Maio Longo


Maio longo... maio longo,
todo cuberto de rosas,
para algúns telas de morte;
para outros telas de vodas.
Maio longo, maio longo,
fuches curto para min:
veu contigo a miña dicha,
volveu contigo a fuxir.

O longo mes de maio chega hoxe ó seu fin. E nós rematamos o mes de maio cun intenso ensaio adicado a obras todas elas con texto de Rosalía de Castro. Maio longo é un poema de Rosalía musicado por Xosé Baldomir: un músico coruñés (1867-1947) que se adicou tanto a composición como a dirección de coros e orquestras, investigación e crítica musical.

Na época en que Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Curros Enríquez rexurdían o noso idioma, un grupo de músicos acompañábanos na tarefa de dignificar a cultura galega. Xunto a Xosé Baldomir están Xoán Montes (autor da música de Negra Sombra) ou Pascual Veiga (autor da música do Himno Galego) ou Castro Chané. 

O Maio longo de Baldomir é para voz e piano, mais imos escoitar no seguinte vídeo a orquestración de Maio longo de Juan Durán:

martes, 28 de mayo de 2013

Negra Sombra


Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.

Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.

Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.

En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me deixarás ti nunca,
sombra que sempre me asombras.

O compositor e director lucense Xoán Montes (1840-1899) compuxo a música a partir deste versos de Rosalía de Castro da súa obra Follas Novas. Pénsase que puido inspirarse nun alalá do Incio (un municipio de Lugo). Negra Sombra, que foi estreada no Gran Teatro da Habana no ano 1892, é unha obra emblemática do noso patrimonio cultural.


lunes, 27 de mayo de 2013

Parabéns, valentes pequecoristas!


Este sábado pasado pisamos un novo esceario ( o do auditorio de Cedeira) , para ofrecer un concerto xunto cos alumn@s da Escola de Música de Cedeira. Un concerto con estilos e agrupacións variadas.

Xa estamos acostumados a cantar no auditorio do noso conservatorio...tan acostumados que nun novo espazo nos podía despistar a nova sonoridade. Mais, estes pequecoristas valentes, axiña se acostuman as novidades e se enfrentaron con enerxía a un novo reto. 

Foi un concerto cun público moi entusiasta, e na que nos mimaron en tódolos detalles da organización. Grazas á Escola de Música!


Parabéns, valentes pequecoristas!

sábado, 25 de mayo de 2013

Novas para o 25 de Maio


Lembrade que esta tarde ás 17:00 vémonos no Conservatorio para viaxar a Cedeira, onde participaremos nun concerto xunto cos alumnos e alumnas da Escola de Música.

O concerto será no Auditorio ás 19:30.

Ata a tarde, querid@s pequecoristas

Vídeos dos "Cantos ó ceo, á terra, ó mar"


No ensaio de onte recordabamos o noso concerto cos amigos do Coro Infantil do conservatorio de Lugo. Adicade un intre a analizar nestes vídeos varios aspectos: a nosa interpretación (afinación, carácter, tempo...), a posta en escea e a nosa posición corporal, a capacidade de concentración, os nosos xestos...

Himno á Noite

Alborada

Rosa de Abril

O care, selve

Caresses sur l'océan

Mi capitán cos amig@s do Coro Infantil de Lugo


Foi un bo concerto, mais podemos mellorar algún aspecto, verdade?

domingo, 19 de mayo de 2013

Que din os rumorosos

Pascual Veiga
Eduardo Pondal

















Os Pinos é un poema de Eduardo Pondal que musicou Pascual Veiga. Coa colaboración deles, xunto ó esforzo da emigración galega, estreouse a comezos do século XX na Habana o que acabaría sendo o Himno Galego.

Velaí a intepretación que fan os rumorosos galegos, @s nen@s do século XXI:


Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.

viernes, 17 de mayo de 2013

Letras Galegas 2013. Roberto Vidal Bolaño



No Día das Letras recordamos sempre a figura de Rosalía, por ser un 17 de Maio o día no que se publicou Cantares gallegos. Este ano aínda cobra máis forza xa que conmemoramos o 150 aniversario de dita publicación.

Por iso, recordando a Rosalía de Castro, cantamos este pasado mércores Rosa de Abril , con textos da nosa poetisa e música de Andrés Gaos.


Este ano 2013 o Día Letras Galegas está adicado a Roberto Vidal Bolaño. Queredes coñecer a este pioneiro do teatro profesional galego?. Pois non vos perdades este informativo do CPI dos Dices en Rois:


martes, 14 de mayo de 2013

Novas para o 15 de Maio


Recordade que mañá mércores 15 de Maio participamos no Recital das Letras Galegas. Para prepararnos, verémonos ás  19:00 na aula 23. Xa que clausuramos o recital coa interpretación do Himno Galego, entremos xa na aula coa mesma solemnidade.


lunes, 13 de mayo de 2013

Parabéns polos "Cantos da terra, do ceo, do mar"


Este pasado sábado recibimos a visita dos amigos do Coro Infantil de Lugo. Un coro que conta con tres anos; os mesmos que nós!. E co que nos gusta compartir escenario. 

Os nosos amigos visitantes abriron o concerto cun repertorio bonito e moi interesante, no que ademáis presentaban unha coidada posta en escea e vistosas coreografías.Noraboa ó coro, á súa directora (Henar) e ó seu pianista (Nacho), e ós alumn@s de acordeón que interpretaron moi ben Catro vellos mariñeiros.

Continuamos os anfitrións cos cantos á terra, o ceo, e ó mar...O Himno á Noite sempre cautiva. A Alborada é moi aplaudida polo público: o "lara lala" final con carácter de marcha arrinca a ovación. Rosa de Abril provocaría tenrura ó mesmo Gaos, ó escoitalo por un coro de nenos. O care selve: fantástico!. E o meu aplauso para os pequecoristas polo esforzo destes últimos ensaios polo Caresse sur l'océan. Noraboa, pequecoristas!

O momento máis divertido chegou cando nos xuntamos os dous coros para cantar Mi Capitán.  Para o próximo curso haberá que repetir este intercambio!

sábado, 11 de mayo de 2013

Recoméndoche...Il cirque d'amore no Teatro Jofre


Mañá podes pasar unha tarde musical coa Compañía Buttefly Ensemble que trae ó teatro Jofre Il cirque d'amore, con adaptacións para nen@s dunha selección de repetorio de ópera.

Para que poidades facervos unha idea, velaí un vídeo con momentos deste espectáculo:


Anímaste? Pois toma nota: mañá domino 12 de Maio ás 18:00 no teatro Jofre.

jueves, 9 de mayo de 2013

Concerto co Coro Infantil de Lugo


Este sábado agardamos a visita do Coro Infantil do conservatorio de Lugo para volver a compartir esceario, nesta ocasión con "Cantos do ceo, da terra, do mar". Unha vez máis disfrutaremos da experiencia de cantar xunto a outro coro de nen@s!.

martes, 7 de mayo de 2013

Caricias no océano

Nenos correndo pola praia (1908). Joaquín Sorolla
"Caresse sur l'océan" é unha obra de Bruno Coulais, que formaba parte da banda sonora da película Les Choristes, a película que tanto nos gusta. Así que comezamos a traballala nos nosos ensaios, coincidindo co esvaecemento do sopro do frío inverno. 

Unha caricia no océano
levan ó paxaro lixeiro
regresando das terras nevadas.
Aire efímero do inverno, 
lonxe, o teu eco esvaécese
Castelos de España.

Xira co vento, desprega as túas ás
na alba gris do levante.
Procura un camiño cara o arco da vella
Chegará a primavera.

Unha carica no océano
poñen ó paxaro tan docemente
sobre a pedra dunha illa mergullada.
O aire efímero do inverno,
por fin o teu sopro vaise,
lonxe, entre as montañas.

Xira co vento, desprega as túas ás
na alba gris do levante.
Procura un camiño cara o arco da vella
Chegará a primavera.