Maio Longo


Maio longo... maio longo,
todo cuberto de rosas,
para algúns telas de morte;
para outros telas de vodas.
Maio longo, maio longo,
fuches curto para min:
veu contigo a miña dicha,
volveu contigo a fuxir.

O longo mes de maio chega hoxe ó seu fin. E nós rematamos o mes de maio cun intenso ensaio adicado a obras todas elas con texto de Rosalía de Castro. Maio longo é un poema de Rosalía musicado por Xosé Baldomir: un músico coruñés (1867-1947) que se adicou tanto a composición como a dirección de coros e orquestras, investigación e crítica musical.

Na época en que Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Curros Enríquez rexurdían o noso idioma, un grupo de músicos acompañábanos na tarefa de dignificar a cultura galega. Xunto a Xosé Baldomir están Xoán Montes (autor da música de Negra Sombra) ou Pascual Veiga (autor da música do Himno Galego) ou Castro Chané. 

O Maio longo de Baldomir é para voz e piano, mais imos escoitar no seguinte vídeo a orquestración de Maio longo de Juan Durán:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Peque Coro no 25N

Peque Coro in crescendo: descubrindo ao invasor

O Peque Coro en clave galega