O Peque Coro


Este é o blogue para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental e Profesional do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blogue: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

jueves, 31 de enero de 2013

Recoméndoche...Música pola Paz



O 30 de Xaneiro recordamos nos centros educativos a data na que morreu Mahatma Gandhi, e, por iso, celebramos o Día Escolar contra a Violencia e pola Paz. O departamento de Convivencia organizou ó longo destes días varios concertos con este motivo.

Os concertos de alumn@s e profesores serán benéficos a favor da ONG SAPP (Solidarity Africa Practical Project) , que centra a súa acividade solidaria en distintos países de África: Sudáfrica, Ghana, Senegal, Togo e Tanzania.

O Peque Coro participará no concerto deste Venres 1 de Febreiro ás 19:00h.

Agardamos a túa presenza e a túa solidariedade!

miércoles, 30 de enero de 2013

Día Escolar pola Paz


Hoxe, Día Escolar pola Paz, sona en tódolos recunchos unha versión, na súa mínima expresión, da Oda á Alegría. Sería marabilloso que vivísemos no santuario da Alegría, onde tódolos homes serán irmáns.

E para recodar o Himno da Alegría, este vídeo no que comprobamos que a furia nunca vencerá sobre a harmonía:

sábado, 26 de enero de 2013

Capitán!!

Por fin comezamos nos nosos ensaios coa divertida obra de Josu Elberdin "Capitán, mi capitán", que cantaremos xuntos cos nosos amigos do Coro Infantil de Lugo. Que boa idea tivo Henar!.

Encantoume esta obra dende o primiero momento que a escoitei. A interpretación destes coros en Estonia é fenomenal, que, ademáis do mérito dos bos cantantes, contan cun gran director: Basilio Astúlez.

O autor, Josu Elberdin, ten esta obra en castelán, euskera e inglés. Como apreciaredes non cantan en castelán, mais nos sabemos de que trata a obra e cos seus acenos, non cabe dúbida do que acontece.





lunes, 21 de enero de 2013

Recoméndoche...Curso con Basilio Astúlez


Se queredes disfrutar aínda máis cantando, debedes matricularvos no curso que dará Basilio Astúlez no noso conservatorio. Pasaremos tres días fantásticos. Neste curso pódense matricular profes, alumn@s de Grao Profesional e alumn@s de Grao Elemental, especialmente recomendado para @s pequecoristas.

Eu xa estou matriculada, e ti?

domingo, 13 de enero de 2013

O son do lixo


En moitas ocasións non somos conscientes dos tesouros que temos: os nosos instrumentos. Comezamos os nosos estudos no conservatorio e poñen nas nosas mans un fermoso instrumento. Fermoso o seu son, fermosa a súa apariencia. Uns teñen preciosas madeiras, outros metais cun brillo case máxico, un verniz chispeante.

Mais neste mundo non todos contan coa mesma fortuna. Nunha localidade de Paraguai, sumida na pobreza, existe unha orquestra que toca con instrumentos feitos con lixo. Esta orquestra causa admiración polo seu inxenio, pola súa tenacidade nunhas condicións que non deberían existir para ningún humano, e menos, para nen@s.

Velaí un fragmento do documental que trata desta orquestra, a Landfill Harmonic



martes, 8 de enero de 2013

O Peque Coro orquestrando un bo almorzo


Por fin podedes ver os vídeos do noso primeiro concerto no noso conservatorio, participando no concerto solidario a favor da Cociña Económica de Ferrol.

A primeira obra é Vois sur ton chemin da banda sonora da preciosísima película Os chicos do Coro. Un canto á esperanza de tódolos nenos esquecidos, de tódolos nenos cunha infancia borrada, tal e como nos explica a nosa pequecorista Irene.




Elisa recita moi ben os versos de Compañeira: "...vese un raio de sol, vese unha rosa; que abrirá no mencer novos camiños".



Ademáis de cantos de esperanza precisamos un canto de ledicia, así que rematamos, como di Icía, desexando que o 2013 siga traendo o brillo do sol para todos. 



Gustoume moitísimo participar neste concerto polo seu carácter solidario. Ademáis, disfrutamos moito cun público tan entregado coma sempre. E a pesares de que apreciaredes neste vídeos algunha que outra cuestión mellorable (do que falaremos no vindeiro ensaio...), quero dala noraboa a tódol@s pequecoristas, tanto ós máis peques coma os máis veteran@s (que xa amosan unha gran capacidade de concentración...).