O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

jueves, 21 de marzo de 2013

Novas para o 22 de Marzo


Lembrade que o ensaio de mañá, venres 22 de Marzo, rematará ás 20:00. Será un ensaio breve pero moi, moi intenso. Así que... ben concentrad@s!.

Ata mañá, querid@s pequecoristas!

miércoles, 20 de marzo de 2013

O care selve


A primavera (1481). Sandro Botticelli

Igual que a chegada da Primavera, que trae unha nova luz e un sopro de brisa, entra nos nosos ensaios a frescura deste lied de Beethoven: O care selve...Queridos bosques. Beethoven compón no ano 1795 un canto ós queridos bosques,  á querida e feliz liberdade para voz de solista e coro ó unísono.




martes, 19 de marzo de 2013

Recoméndoche...unha tarde de ópera


O venres 22 de Marzo ás 20:30 no teatro Jofre podedes escoitar unha selección de arias de distintas óperas interpretado por dúas sopranos ferrolanas: Patricia Rodríguez Rico e Gloria Amil.




A Sociedade Filarmónica Ferrolana ofrece ó noso conservatorio dez entradas. Se queres conseguir unha entrada, participa no Trivial Musical do Blog da Biblioteca. 

Que mellor maneira de comezar a nosas merecidas vacacións! 

sábado, 16 de marzo de 2013

Doeba

Deste divertido canon de Rieks Veenker podemos atopar moitísimas versións. Gustoume a interpretación deste coro formado por nen@s de Sevilla pola súa gracia e enerxía. Tamén pola súa posta en escea...



Non vos recorda a outro coro...?

domingo, 10 de marzo de 2013

Canto de berce...de Mozart?

Nai e fillo (1921). Pablo Picasso

Nestes últimos ensaios adicámonos o traballo dun bonito canto de berce, atribuido durante moito tempo a Mozart. Investigadores actuais sinalan que o seu autor é Friederich Fleischmann (1766-1798), un compositor alemán do Clasicismo. 

Coma en moitos cantos de berce, unha nai cántalle ó seu pequeno para que teña doces sonos. Mentres  arrola ó meniño no seu colo, dille que soñe ca prateada lúa rodeada de estrelas, que descanse coma os ovellas e aves nesta noite na que non se escoita nin o zunido da abella. 

No seguinte vídeo escoitaredes unha fantástica interpretación do "Durme, meu pequeno príncipe, durme", o famoso wiegendenlied (canto de berce en alemán). Prestade atención ós bonitos adornos que realiza unha segunda voz...(recoñecerédelo porque na nosa versión é o xiro melódico co que nos responde o piano).



Que sempre teñades doces sonos, querid@s pequecoristas...

martes, 5 de marzo de 2013

Máis vídeos do concerto no Cmus de Lugo


A continuación podedes ver máis vídeos para recordar o noso concerto no conservatorio de Lugo. Que ben o pasamos!

Ave María de Vladimir Vavilov



Doeba de Rieks Veenker. 


Como nos gustan as turutas! Ter nas mans unha turuta e non poder tocala ata que se indica é unha difícil proba para @s pequecoristas nos ensaios...é que produce un son moi divertido.

viernes, 1 de marzo de 2013

"Mi capitán" en Lugo


Á fronte da tripulación de dous barcos (un lucense e outro ferrolán), estaba unha capitana que tiña que loitar contra as tempestades para conseguir surcar os mares. E entre todos, conseguíronno!.

Había outro capitán algo menos visible,...pero con moitísima importancia para que remásemos na mesma dirección,... e por riba, con bo estilo.