O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

jueves, 13 de junio de 2013

Novas para o 14 e 16 de Xuño

Traio no meu pico a última mensaxe para este curso:

" Mañá, venres 14 de Xuño, ensaiaremos de 18:00 a 19:30 para preparar o noso último concerto deste curso. Ás 19:30 as nais da ANPA entregaránnos a foto deste curso!. Tódalas nais e pais estades convidad@s a esta despedida!.

Lembrade que o domingo 16 ás 11:30 cantamos no teatro Jofre, nun concerto con tódalas agrupacións do noso conservatorio. @s pequecoristas deberán chegar ás 10:00 e vestidos de gala (roupas negras) para este último concerto.

Ata mañá, querid@s pequecoristas"

miércoles, 12 de junio de 2013

Foi noticia...

No Telediario 1 fixéronse eco do concerto No bico un cantar, onde nen@s dos conservatorios de toda Galicia cantaban a Rosalía. E alí estábamos nós!


jueves, 6 de junio de 2013

O Peque Coro cantará a Rosalía na Praza da Quintana


Meses atrás sumámonos ó proxecto "Nenos e Nenas cantan a Rosalía" organizado polo Consello da Cultura Galega e a Consellería de Educación. Para conmemorar o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro mañá cantaremos na Praza da Quintana tódol@s nen@s dos conservatorios e escolas de música de Galicia.

Por iso, ó longo dos ensaios deste ano adicámonos a obras con textos rosalianos: "Rosa de Abril" de Andrés Gaos, "Negra Sombra" de Xoán Montes, "Maio longo" de Xosé Baldomir e "En Cornes" de Octavio Vázquez.

Pola mañá faremos unha visita guiada ó Museo da Cidade da Cultura. Despois, o ensaio xeral tódolos coros xuntos. Será todo un orfeón de nen@s!


Despois de merecido xantar...cara a Praza da Quintana, onde será ese concerto especial no que nos dirixirá Maximino Zumalave e tocará o quinteto de metais Hércules Brass.


Só fica agardar que a choiva nos deixe cantar neste lugar emblemático, para poder disfrutar deste momento!

lunes, 3 de junio de 2013

Recordando o concerto de Braga


Para o concerto de Braga, retomáramos nos ensaios con moita ilusión a Ronda do Soldadinho, de Jose Mário Branco


E unha divertida montaxe que nos realizou o noso equipo técnico de son e imaxen con fotografías dese concerto de clausura do proxecto no auditorio da Companhia da Música de Braga.