O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

domingo, 7 de julio de 2013

O Peque Coro cantando a Rosalía en Bonaval


Hai un mes, O Peque Coro cantoulle a Rosalía xunto a 400 voces máis dos distintos conservatorios de Galicia. A choiva levounos da Quintana ata a igrexa de San Domingos de Bonaval: lugar emblemático por ser o espazo que acolle o Panteón dos Galegos Ilustres e o Museo do Pobo Galego.

Que mellor homenaxe a Rosalía que as voces de nen@s cantando os seus versos preto do lugar onde descansa eternamente. 

Foi un día fantástico no que nun pequeno concerto se recolleu o traballo de moitos ensaios. Un esforzo que mereceu a pena. Cando apareceu a oportunidade de participar neste proxecto, non dubidamos en que queríamos estar ahí co Peque Coro. Sabíamos que habería que renunciar a ensaiar repertorio seleccionado para este ano ( "Teño tres pitas brancas..." estará agardando para o vindeiro curso. Unha obra moi especial por motivos, dos que xa falaremos...)

Un concerto no que volvemos a compartir espazo cos nosos amigos do Coro Infantil de Lugo. Así nos seguintes vídeos, poderedes ver ós dous coros xuntos cantándolle a Rosalía, xunto ó resto de voces dos distintos conservatorios galegos.


Maio Longo



Rosa de Abril



En Cornes



Negra Sombra





Agardamos que se repita esta experiencia xuntando as voces brancas de toda Galicia.