O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

jueves, 31 de octubre de 2013

Aviso para o 1 de Novembro


Recordade, pequecoristas, que mañá, venres 1 de Novembro non temos ensaio. Tod@s quedamos coas gañas de cantar e seguir descubrindo un petisco máis da nova obra. A próxima semana acudiremos ó ensaio aínda con máis enerxía.


Disfrutade do Samaín!


domingo, 13 de octubre de 2013

Tutira mai


Este ano comezamos os nosos ensaios cunha obra tradicional maorí harmonizada por Anthony Ritchie: este canto pasou de xeración en xeración entre os maoríes: unha etnia polinesia que vive en Nova Zelanda.

En Tutira mai cantamos:

Tutira mai nga iwi
Tatou tatou e
Whaia te maramatanga
Me te aroha e nga iwi
Kia ka tapatahi
Kia kotahi ra
Tatou tatou e

Estamos de pé en filas
Todos nós
Busca o coñecemento
e a fraternidade entre todas as persoas
Pensamos como un só
Actuamos como un só
Todos nós

É unha obra perfecta para xuntarnos de novo, todos nós, colocándonos nas nosas filas e acollendo as novas voces...a tódol@s nov@s pequecoristas. Somos un coro: pensamos coma un, actuamos coma un.

No seguinte vídeo veredes unha estupenda versión do Tutira mai:


TATOU TAOU E

TODOS NÓS

miércoles, 2 de octubre de 2013

Por fin o primeiro ensaio do curso!


Este venres voltamos ós nosos ensaios. Xa estaredes desexando xuntarvos tod@s @s pequecoristas para cantar. A pianista máis eu agardamos entusiasmadas este comezo.

 @s veteran@s chegarán á mesma hora de sempre (ás 19:00) e as novas voces ás 18:30 para coñecernos un pouco máis. Despois as novas voces probarán un ensaio con todo o coro. Xa veredes que experiencia tan bonita.

Ata venres, querid@s pequecoristas!