O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

martes, 31 de diciembre de 2013

O Peque Coro no Concerto a favor da Cociña Económica


Despedimos este ano 2013 cos vídeos do noso último concerto deste ano no concerto solidario a favor da Cociña Económica de Ferrol

No 2013 conmemorouse o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. O Peque Coro cantou en distintos concertos á nosa poetisa máis internacional: as datas máis especias foron as Letras Galegas ou o concerto en San Domingos de Bonaval xunto a outr@s 400 nen@s.  

Rosalía escribía en Follas Novas

Polas silveiras errante vexo unha meniña orfa
que triste vai marmurando: "Na Virxe, quen rosa fora!"
"Por que ques ser rosa, nena?" Eu preguntei cariñosa
i ela contesta sorrindo: "porque non ten fame as rosas"

Estes versos están presentes en En Cornes do compositor Octavio Vázquez.



Duerme negrito é unha obra nova no noso repertorio...Todo un reto este canto de berce adaptado por David Azurza!

Que o 2013 se leva a fame, e tódalas tristuras...


...e o 2014 chegue cargado de soños e alegrías 
para tódol@s pequecoristas!


domingo, 22 de diciembre de 2013

Recoméndoche...Concerto Solidario en San Xiao


Esta tarde na concatedral de San Xiao celebrarase o II Concerto Solidario no que poderás escoitar ó Coro de Nenos da Sinfónica de Galicia, ademáis do Coro Xove da Sinfónica.

Será unha boa ocasión para escoitar outros coros de nenos, verdade?

Vémonos esta tarde ás 20:30 na concatedral de San Xiao de Ferrol.



sábado, 21 de diciembre de 2013

Fantástica estrea!



Pequecoristas de 1º GE
Despois dunha larga espera, o Peque Coro por fin volvía a aparecer no esceario do conservatorio. Para @s nov@s pequecoristas foi un día especial. Viviron as emocións previas do concerto...e as máis marabillosas: a experiencia de cantar ante un público tan entregado que aplaudía con entusiasmo dende a primeira obra, En Cornes.

Pequecoristas de 2º GE
Fantástica concentración de tódol@s pequecoristas...que ademáis se entregaron na difícil interpretación de Duerme negrito. 

Pequecoristas de 3º GE

O público amosouse entusiasmado e reclamaba:"outra!...outra!". Agradecemos o seu calor, pero non podíamos ofrecer máis. O Peque Coro segue medrando, medrando...e medrando. Por iso, precisamos un pouco de tempo para que as novas voces aprendan o repertorio doutros anos. 


Pequecoristas de 4º GE
Están traballando moi ben en cada ensaio. De seguro que disfrutáchedes con Duerme negrito, verdade?. Pois é unha moi obra complexa que precisou moita adicación. Algúns seguidores saben que temos repertorio novo preparado para o próximo concerto...pero cada obra ten o seu momento. 


Pequecoristas de 1º GP
O vindeiro 2014 o Peque Coro continuará agasallando momentos divertidos, momentos emotivos co precioso son das voces dos seus pequecoristas.
 
BRAVO, PEQUECORISTAS!

jueves, 19 de diciembre de 2013

De novo, o Peque Coro en concerto


Señoras e señores...nenos e nenas...non poden perderse a estrea do Peque Coro neste curso. Por fin @s pequecoristas volven ó esceario!. Nesta ocasión para colaborar nun concerto solidario a favor da Cociña Económica, co fin de que o público asistente doe alimentos para esta fundación ferrolana.

O Peque Coro participará no segundo concerto organizado polo Departamento de Convivencia este venres ás 19:30.

Agardamos a súa presenza no auditorio José Arriola do noso conservatorio. o Cmus Xan Viaño de Ferrol.


lunes, 2 de diciembre de 2013

Recoméndoche "La Callas: una invitación á la ópera"



Hoxe recórdase a unha das mellores cantantes do século XX,  a soprano de orixe grega Ana María Cecilia Sofía Kalogeropoúlou (en grego Άννα Μαρία Καικιλία Σοφία Καλογεροπούλου) (Nova Iorque, 2 de decembro de 1923 – París, 16 de setembro de 1977), coñecida como Maria Callas.


Unha boa maneira de coñecer a súa vida e as súas interpretacións é co libro-CD "La Callas. una invitación a la ópera" da editorial Kókinos.


Poñerémonos na pel da gran soprano...As luces da sala apáganse, faise o silencio. Cun xesto do director da orquestra, os músicos comezan o preludio. Por fin, álzase el telón e a Callas sae a escea. A súa voz elévase, un escalofrío recorre ó público…

E para que disfrutedes escoitando a Maria Callas, mirade este vídeo: