Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2014

Sesión de Hixiene Postural

Imaxe
Querid@s pequecoristas: no ensaio de mañá comezaremos cunha sesión de hixiene postural na que atenderemos ás indicacións de Pablo C., profesor de pilates e do fisioterapeuta Jacobo P. Toda unha sorte que veñan ó noso ensaio profesionais que saben como debe ser a nosa postura corporal: moi importante para tódol@s músic@s e espacialmente para nós coma cantantes. Recordade que o ensaio durará ata ás 21:00. Ata mañá!

Encontro Coral

Imaxe
O Coro do IES de Ortigueira, o Coro Infantil do Conservatorio de Lugo, o Peque Coro do Xan Viaño mailo Coro do Xan Viaño! Todos xuntos???... ...Cando??? Este venres 13 de Xuño no Teatro Jofre ás 20:00.   Vai a todo filispín a polas túas entradas!
Imaxe
Esta tarde disfrutaremos dun concerto no Teatro Jofre xunto á Banda Infantil e a Orquestra Infantil. Toda unha experiencia que disfrutaremos despois dun intenso curso e na que notaremos a calor dun público entusiasta. O teatro encherase de pequemúsicos: os nenos e nenas de Grao Elemental...que veñen pisando forte! Recordade que @s pequecoristas debedes chegar ás 17:45. Vémonos esta tarde!

O Peque Coro no Diario de Ferrol

Imaxe
O Diario de Ferrol adicounos un espazo ó Peque Coro. Se alguén non puido mercar o xornal, no seguinte enlace podedes visitar a noticia na edición dixital do Diario de Ferrol.

O Peque Coro cantará a Curros en Celanova

Imaxe
Mañá viaxaremos a Celanova: a localidade ourensá na que naceu Curros Enríquez . Alí cantaremos obras con textos de Curros Enríquez xunto ós nosos amigos do Coro Infantil de Lugo e outras catrocentas voces de nenos e nenas dos conservatorios de Galicia. Nesta segunda edición de "No bico un cantar" tivemos un duro traballo nos nosos ensaios: "A Rosalía" de Xosé Baldomir, "Unha noite na eira do trigo" de Xoán Montes, "Os teus ollos" de Xosé Castro Chané e a estrea de "Nouturnio" de Xabier Comesanha.  Para que vos fagades unha idea do impresionante lugar onde cantaremos ás 17:30: o claustro barroco do Mosteiro de San Salvador de Celanova. De novo dirixirá Maximino Zumalave e sonarán os metais da Hércules Brass. Se queredes ter máis información máis deste concerto clicade a continuación e visitaredes a páxina do Consello da Cultura Galega, onde ademáis podedes informarvos dos compositores e descargar o programa: No bic

Abur, David!

Imaxe
Onte despedímonos de David Azurza cun pequeno e marabilloso concerto. Foi unha fin de semana con moito traballo, onde aprendimos novo repertorio: obras máxicas, outras divertidas, outras poéticas...traballamos a nosa postura corporal, a respiración, a colocación do paladar, a actitude...a expresividade a comunicación. Cánto se pode aprender cantando! E canto podemos disfrutar nós e os que nos escoitan! Grazas, David e ata pronto!

Concerto no Coro Infantil do Cmus de Lugo

Imaxe
Un ano máis viaxamos a Lugo para compartir esceario cos nosos amigos do Coro Infantil do Conservatorio Xoán Montes.  @s pequecoristas partiremos do noso conservatorio ás 16:00. Así chegamos tranquilamente e poderemos preparar o noso corpo, mente e voz para o concerto. Coma cada ano, cada coro interpretará unha mostra do repertorio deste ano, e rematará cunha interpretación conxunta de " Negra Sombra" de Xoán Montes , xa que esta semana no conservatorio de Lugo adican unhas xornadas musicais homenaxeando ó compositor lucense máis célebre. O público que desexe asistir a escoitar un cento de bonitas voces que tome nota: Venres 11 de Abril ás 19:00 no auditorio do Cmus Xoán Montes de Lugo.

Recoméndoche...Curso de David Azurza

Imaxe
Para calquer alumn@ do noso conservatorio o curso de David Azurza é unha oportunidade fantástica para disfrutar cantando, pero para un pequecorista será inesquecible. Pasaremos unha fin de semana coñecendo máis as posibilidades das nosas voces. Eu xa estou matriculada, e ti?

Día Escolar pola Paz

Imaxe
Tódolos 30 de Xaneiro celebramos o Día Escolar pola Paz na memoria de Mahatma Ghandi . Este ano , ademáis, recordamos a Nelson Mandela , Madiba, o loitador pola igualdade en Sudáfrica. Así,  hoxe traemos un canto de berce africano. Nadie nace odiando a outra persoa pola súa cor de pel, a súa orixe ou a súa relixión