O Peque Coro


Este é o blogue para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental e Profesional do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blogue: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

jueves, 16 de octubre de 2014

Primeiro ensaio deste curso 2014-2015



Por fin tódol@s pequecoristas volvemos a xuntarnos para cantar! Despois de tantos meses estamos desexando que chegue o primeiro ensaio. Seguro que estaremos tod@s cargad@s de enerxía e ledicia.

Mañá, venres 17 de Outubro, comezamos os nosos ensaios nos que se incorporarán con entusiasmo novas voces.

Que ilusión...regresa O Peque Coro do Xan Viaño