O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

lunes, 28 de abril de 2014

Abur, David!


Onte despedímonos de David Azurza cun pequeno e marabilloso concerto. Foi unha fin de semana con moito traballo, onde aprendimos novo repertorio: obras máxicas, outras divertidas, outras poéticas...traballamos a nosa postura corporal, a respiración, a colocación do paladar, a actitude...a expresividade a comunicación.

Cánto se pode aprender cantando! E canto podemos disfrutar nós e os que nos escoitan!


Grazas, David e ata pronto!


viernes, 25 de abril de 2014

Curso de David Azurza


Por fin chegou o día o que David Azurza ven ó noso conservatorio!. Así que esta tarde tódol@s pequecoristas matriculad@s no curso comezamos unha fin de semana intensiva na que xuntos disfrutaremos descubrindo máis as posibilidades da nosa voz.

O curso arranca esta tarde ás 19:00 (na hora habitual do noso ensaio).

Recórdovos o voso horario?:

VENRES pola TARDE :   de 19:00 a 20:30
SÁBADO pola MAÑÁ:   de 11:30 a 13:00
SÁBADO pola TARDE:    de 18:00 a 19:30
DOMINGO pola MAÑÁ:  de 11:00 a 12:15

e o CONCERTO PÚBLICO ás 13:00

jueves, 24 de abril de 2014

Os nosos vídeos no concerto no Cmus de Lugo


O venres 11 de Abril viaxamos ata Lugo para cantar no Cmus Xoán Montes xunto ós amigos e amigas do Coro Infantil. Para @s pequecoristas máis veteranos é un concerto co que xa contan. Nese esceario están coma na súa casa!. Pero para @s nov@s peqeucoristas era unha sensación nova.

Ademáis da festa que se organiza polo feito de viaxar todos xuntos no bús. Na viaxe cara Lugo temos medo de que cheguen tod@s afónic@s. Na viaxe de volta é imposible conter tantas emocións: a dun bo concerto, a de compartir esceario tantos e tantos nenos e nenas (complicado para Henar, a directora, xa que o espazo era moi pequeno para semellante coro!)... a dunha boa merendola...!    

Velaí unha pequena mostra deste último concerto cos amigos e amigas do Coro Infantil de Lugo.  Era a primeira vez que interpretábamos "Si tu te'n fas la lluna". Unha obra preciosísima!



Agora tócalles ós amigos de Lugo devolvernos a visita: o cando e o onde xa falaremos máis adiante.

martes, 8 de abril de 2014

Concerto no Coro Infantil do Cmus de Lugo


Un ano máis viaxamos a Lugo para compartir esceario cos nosos amigos do Coro Infantil do Conservatorio Xoán Montes. 

@s pequecoristas partiremos do noso conservatorio ás 16:00. Así chegamos tranquilamente e poderemos preparar o noso corpo, mente e voz para o concerto.

Coma cada ano, cada coro interpretará unha mostra do repertorio deste ano, e rematará cunha interpretación conxunta de "Negra Sombra" de Xoán Montes, xa que esta semana no conservatorio de Lugo adican unhas xornadas musicais homenaxeando ó compositor lucense máis célebre.

O público que desexe asistir a escoitar un cento de bonitas voces que tome nota: Venres 11 de Abril ás 19:00 no auditorio do Cmus Xoán Montes de Lugo.