O Peque Coro


Este é o blogue para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental e Profesional do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blogue: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

domingo, 22 de junio de 2014

O Peque Coro no Encontro Coral



Velaí o noso concerto no Encontro Coral no que compartimos unha fabulosa tarde musical xunto ó Coro do IES de Ortigueira e o Coro Infantil do Conservatorio de Lugo. Foi unha fantástica maneira de despedir este marabilloso curso, no que, un ano máis, tanto disfrutamos cantando e compartindo emocións en cada ensaio e cada concerto. Tamén estivo presente neste encontro o Coro do Xan Viaño: os alumnos e alumnas de Grao Profesional.

Tutira Mai



Sleep my little sea



A Vida é Bela



Vamos bebendo

Por fin estreamos este obra tan divertida e tan especial para nós. É unha obra composta por Teo Ramírez (o noso querido compañeiro), que xa cantara Alexandra sendo alumna do conservatorio de Ferrol. Só nos permitimos xogar un pouco coa creación de Teo...Unha obra con texto de Rosalía de Castro que nos encanta. Grazas, Teo!



Os tres coros compartimos esceario cantando Akai Hana baixo a dirección de José Antonio García Mato cunha delicada coreografía... 



Now the sun is shining dirixidos con dozura por Henar Matesanz e Ignacio Martínez no piano...



e A despedida (unha adaptación para este evento de Singing all together) dirixidos por quen escribe neste blog, acompañados pola nosa pianista Alexandra.


Unha experiencia que haberá que repetir, verdade?

P.D.: Grazas a Chacho Produccións pola súa reportaxe multimedia.


miércoles, 11 de junio de 2014

Encontro Coral

O Coro do IES de Ortigueira, o Coro Infantil do Conservatorio de Lugo, o Peque Coro do Xan Viaño mailo Coro do Xan Viaño!

Todos xuntos???...

...Cando???

Este venres 13 de Xuño no Teatro Jofre ás 20:00. 

Vai a todo filispín a polas túas entradas!


martes, 10 de junio de 2014



Esta tarde disfrutaremos dun concerto no Teatro Jofre xunto á Banda Infantil e a Orquestra Infantil. Toda unha experiencia que disfrutaremos despois dun intenso curso e na que notaremos a calor dun público entusiasta.

O teatro encherase de pequemúsicos: os nenos e nenas de Grao Elemental...que veñen pisando forte!

Recordade que @s pequecoristas debedes chegar ás 17:45.

Vémonos esta tarde!



domingo, 8 de junio de 2014

O Peque Coro cantando a Curros en Celanova


O venres repetimos a sensación de cantar xunto a outros 400 nenos e nenas de todas partes de Galicia. Neste segunda edición de No bico un cantar adicado a Curros Enríquez, a choiva volveu a aparecer., tal e como fixera o ano pasado en Santiago. Así que non puidemos cantar no claustro do mosteiro de Celanova, ofrecendo o concerto na igrexa.

Sí que ensaiamos alí...aínda que sentados na pedra durante unha mañá fría e chuviosa...foi un ensaio moi duro! Ata semellaba que algunha das obras parecía resistirse. 



Asistimos a un concerto didáctico no que nos explicaron como se toca o órgano. Fascinante! Mágoa que aparecía a fame e o son das nosas tripas.


Despois dun reconfortante xantar (pizza!...que ben merecíamos algo rico e quente neste húmido día), rimos moito cun excelente malabarista. Que boa idea! Así esquecimos a tensión previa a un concerto e botamos unhas boas gargalladas.



E por fin, o concerto. Nós estamos á dereita do director. Xusto detrás dos amigos e amigas do Coro Infantil de Lugo.





A continuación podedes ver o concerto grazas a Chacho Produccións. O noso técnico fixo un vídeo fantástico:






Ata o próximo No bico un cantar!

sábado, 7 de junio de 2014

O Peque Coro no Diario de Ferrol


O Diario de Ferrol adicounos un espazo ó Peque Coro. Se alguén non puido mercar o xornal, no seguinte enlace podedes visitar a noticia na edición dixital do Diario de Ferrol.


jueves, 5 de junio de 2014

O Peque Coro cantará a Curros en Celanova


Mañá viaxaremos a Celanova: a localidade ourensá na que naceu Curros Enríquez. Alí cantaremos obras con textos de Curros Enríquez xunto ós nosos amigos do Coro Infantil de Lugo e outras catrocentas voces de nenos e nenas dos conservatorios de Galicia.

Nesta segunda edición de "No bico un cantar" tivemos un duro traballo nos nosos ensaios: "A Rosalía" de Xosé Baldomir, "Unha noite na eira do trigo" de Xoán Montes, "Os teus ollos" de Xosé Castro Chané e a estrea de "Nouturnio" de Xabier Comesanha. 

Para que vos fagades unha idea do impresionante lugar onde cantaremos ás 17:30: o claustro barroco do Mosteiro de San Salvador de Celanova.


De novo dirixirá Maximino Zumalave e sonarán os metais da Hércules Brass. Se queredes ter máis información máis deste concerto clicade a continuación e visitaredes a páxina do Consello da Cultura Galega, onde ademáis podedes informarvos dos compositores e descargar o programa: No bico un cantar 2014.