O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

martes, 29 de diciembre de 2015

Último concerto deste ano



Señoras e señores, nenos e nenas, mañá despedimos o ano cun último concerto xunto con outros coros de Ferrol. Estaremos no Certame de Coros da Terceira Idade: un ano máis compartiremos esceario distintas xeracións nun concerto cheo de ilusión.

A cita é mañá, mércores 30 de Decembro ás 17.30 no Teatro Jofre.


miércoles, 21 de octubre de 2015

O Peque Coro foi noticia



Grazas a labor de difusión de Chacho (membro moi activo da ANPA), o Diario de Ferrol recollía a noticia do noso concerto no Cmus Superior da Coruña no proxecto "Música por Siria"

Clicando na imaxe, enlazaredes coa noticia no xornal de onte de "Diario de Ferrol"



Fotos do concerto "Música en Siria"


O venres pasado os pequecoristas ofreceron un maravilloso concerto cheo de instantes máxicos: un concerto moi intenso e coas emocións a flor de pel. Desta tarde, na que distintos músicos compartimos esceario no proxecto "Música por Siria",  ademáis da fabulosa sensación durante todo concerto, nos quedará para o recordo estas preciosas fotos realizadas por Isidro Cea

Fotos onde se recolle a tenrura, dozura e beleza dos nosos pequecoristas



















Grazas, pequecoristas por un concerto tan bonito!


viernes, 16 de octubre de 2015

O Peque Coro en "Música por Siria"


Esta tarde estaremos no Conservatorio Superior de Música da Coruña nun concerto solidario a favor dos refuxiados da guerra de Siria organizados pola Asociación Cultural Cue.

A asociación ten como obxectivo concienciar do problema do conflicto a través da música, como medio para difundir a mensaxe de paz e cos fondos recaudados a través da venta do CD contribuír economicamente a través da ONG Oxfam Intermón.

Que mellor maneira de comezar a nosa nova temporada que estando presentes neste concerto solidario!.

Xa sabedes, esta tarde acudide á cita ás 19 h no Cmus Superior da Coruña



domingo, 14 de junio de 2015

A nosa viaxe a Cambados


Un ano máis estivemos presentes na edición de "No bico un cantar". En esta ocasión os nenos e nenas cantaban a Ramón Cabanillas, o Poeta da Raza, quen nacera en Cambados.

Foi unha xornada moi bonita, tanto polo paseo por Cambados por terra e por mar, como por compartir o ensaio e o concerto xunto a tantos e tantos nenos de tódolos conservatorios de Galicia. 

Chacho produccións ofrécenos este divertidísimo vídeo para recordar ese día:



Quen será o próximo poeta homenaxeado? De seguro que repetiremos "No bico un cantar".




sábado, 6 de junio de 2015

É noticia...Pequecoristas "No bico un cantar"



Clicando na imaxe podedes ir á noticia do xornal de hoxe. Unha foto moi linda dalgunhas das nosas lindas pequecoristas. Mágoa que non saian todos!


jueves, 4 de junio de 2015

O Peque Coro cantará a Ramón Cabanillas


Querido@s pequecoristas; 

Recordade que mañá temos que estar ás 8:30 no noso conservatorio para saír cara Cambados. Por favor, sede pontuais...temos que chegar a tempo do ensaio no que nos xuntaremos co resto de nenos e nenas dos demáis conservatorios galegos para homenaxear a Ramón Cabanillas.

Durmide ben que vai a ser unha longa xornada chea de diversión e moitos cantos...



viernes, 29 de mayo de 2015

Sábado 30 de Maio: Gravación e Fotografía


Querid@s pequecoristas:

Recordade que maña deberes chegar ás 11:00 ó conservatorio para comezar a prepararnos para a gravación do CD. Tamén faremos a sesión fotográfica.

Durmide ben, pequecoristas que nos agarda un intenso día de traballo, pero merecerá a pena.

Ata, maña! 


jueves, 14 de mayo de 2015

Gústanos cantar con David Azurza


Mañá visitaranos David Azurza para adicar esta fin de semana a cantar varias obras compostas por el mesmo. Xa sabemos o especial que é cantar baixo a súa dirección. Así que, agardamos con ledicia a súa chegada ó noso conservatorio.





miércoles, 6 de mayo de 2015

Concerto do V Aniversario


Por fin, chegou o noso concerto de celebración do V aniversario!

Mañá ás 19:00 no auditorio do noso conservatorio.

Durmide ben, pequecoristas!


martes, 28 de abril de 2015

IV Tócaa outra vez, Xan


O pasado vendes 24 de Abril participamos na cuarta edición do Concurso de bandas sonoras "Tócaa outra vez, Xan" que organiza a ANPA do nodo conservatorio.

Interpretamos unha adaptación do célebre "América" de West Side Story, mais nós discutíamos se nos gustaba estudar no noso conservatorio, falábamos dos profes ("que son uns pesados..."), do edificio, da marabillosa ría que temos ás nosas costas...

Coma sempre, non chove ó gusto de todos: había meniñas e meniños felices de estar neste conservatorio, e outros non tanto...

Sen embargo, impúxose o gusto por cantar, tocar, bailar e soñar no Xan Viaño de todos estes felices artistas!


Parabéns a tódolos pequecoristas pola súa posta en escea, especialmente a Lara e Marcos pola sea interpretación. Grazas á entrega de todos eles acadamos un fabuloso 2º posto...Os gañadores foron os alumnos de 6º Taller de Música Moderna. Parabéns a TMM!

Moitísimas grazas a Marta, a nosa saxofonista, e a Iago, outro magnífico saxofonista que tempo atrás cantaba con nós. Sen estes dous fantásticos saxofonistas non sería posible esta versión.



lunes, 27 de abril de 2015

Concerto co Coro de GE do Cmus de Santiago


Este xoves viaxamos ata Santiago de Compostela para cantar xunto ó Coro de Grao Elemental do Cmus de Santiago. Estamos agardando este concerto como auga de maio.

Tódol@s pequecoristas deberán chegar ás 17.30 h ó noso conservatorio, para desprazarnos ás terras compostelanas.

jueves, 9 de abril de 2015

Cantamos cos Peques del León de Oro!



Aínda seguimos recordando un momento moi especial que vivimos hai un par de semanas. Despois dun longo día, no que compartimos un concerto cos nenos e nenas do Coro do Cmus de Santiago de Compostela, viaxamos ata Viveiro para escoitar un coro que nos fascina: Los peques del León de Oro de Luanco.

Durante todo o seu concerto na igrexa de San Francisco de Viveiro, ficábamos abraiados! 

Pois aínda tivemos a sorte de que nos convidaron a cantar unha obra con eles: Can you hear me?. 





Grazas a Elena Rosso, a súa directora, e a tódolos peques del León de Oro, por este bonito agasallo

martes, 7 de abril de 2015

Os nosos vídeos no "Concerto Coral Infantil"


Xa case pasaron dúas semanas dende que ofrecimos o noso concerto xunto co Coro Infantil do Conservatorio Profesional de Música de Santiago. Foi un bonito concerto que rematamos cantando todos xuntos.

Velaí os nosos vídeos

Compañeira


Can you hear me?


Mi Capitán


Tutira Mai


Autocanon ferrolano


Dodi Li




Agora contamos os días para volver a cantar xuntos outra vez...mais nesta ocación, viaxaremos nós ata Santiago para cantar cos novos amigos.


Ata pronto!

viernes, 20 de marzo de 2015

Concerto Coral Infantil


Señoras e señores...nenos e nenas, mañá cantaremos no auditorio do noso conservatorio ás 12:30 xunto co Coro Infantil do Conservatorio de Santiago, dirixidos por María Dios Domínguez. 

É a primeira vez que estes dous coros se xuntan para compartir esceario. Para nós outra experiencia marabillosa: uns novos amigos...unha nova ilusión!

Non se perdan este bonito concerto. De seguro que disfrutarán. 

(Pequecoristas!: recordade que temos que chegar ó conservatorio ás 11:30 para o quecemento).

A cita é Sábado 21 de Marzo ás 12:30 no Auditorio José Arriola do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. 


domingo, 8 de febrero de 2015

Os nosos vídeos no Día da Paz


Querid@s pequecoristas: por fin atopei o momento para poder prepararvos esta entrada na que publico os vídeos que sempre nos prepara con tanto agarimo "Chacho Produccións" e a foto baixo o pórtico da Paz que tanta sensación causou no noso Conservatorio. 

A nosa interpretación do sempre emotivo "Can you hear me?":



Recordando o 70 aniversario da liberación do campo de concentración de Auschwitz, interpretamos "Dodi Li":



E para rematar, o "Canon de Bego" (composto pola profesora Begoña Álvarez Feal), que adaptamos a súa letra para poder seguir disfrutando del neste día da Paz. Fantástico o trío formado por Martín Suárez Álvarez (violín), Marta Formoso Pico (chelo) e Elisa Esperante Guimaré (piano), ós que agradecemos unha vez máis a súa colaboración.






jueves, 29 de enero de 2015

Día da Paz


Despois de toda unha semana na que o Departamento de Convivencia adicou distintas actividades na conmemoración do Día da Paz, rematamos cun concerto no que tamén nós quixemos estar presentes.

Pequecoristas: vémonos ás 19:00 na aula de orquestra. Ata mañá!