O Peque Coro


Este é o blogue para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental e Profesional do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blogue: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

martes, 28 de abril de 2015

IV Tócaa outra vez, Xan


O pasado vendes 24 de Abril participamos na cuarta edición do Concurso de bandas sonoras "Tócaa outra vez, Xan" que organiza a ANPA do nodo conservatorio.

Interpretamos unha adaptación do célebre "América" de West Side Story, mais nós discutíamos se nos gustaba estudar no noso conservatorio, falábamos dos profes ("que son uns pesados..."), do edificio, da marabillosa ría que temos ás nosas costas...

Coma sempre, non chove ó gusto de todos: había meniñas e meniños felices de estar neste conservatorio, e outros non tanto...

Sen embargo, impúxose o gusto por cantar, tocar, bailar e soñar no Xan Viaño de todos estes felices artistas!


Parabéns a tódolos pequecoristas pola súa posta en escea, especialmente a Lara e Marcos pola sea interpretación. Grazas á entrega de todos eles acadamos un fabuloso 2º posto...Os gañadores foron os alumnos de 6º Taller de Música Moderna. Parabéns a TMM!

Moitísimas grazas a Marta, a nosa saxofonista, e a Iago, outro magnífico saxofonista que tempo atrás cantaba con nós. Sen estes dous fantásticos saxofonistas non sería posible esta versión.



lunes, 27 de abril de 2015

Concerto co Coro de GE do Cmus de Santiago


Este xoves viaxamos ata Santiago de Compostela para cantar xunto ó Coro de Grao Elemental do Cmus de Santiago. Estamos agardando este concerto como auga de maio.

Tódol@s pequecoristas deberán chegar ás 17.30 h ó noso conservatorio, para desprazarnos ás terras compostelanas.

jueves, 9 de abril de 2015

Cantamos cos Peques del León de Oro!



Aínda seguimos recordando un momento moi especial que vivimos hai un par de semanas. Despois dun longo día, no que compartimos un concerto cos nenos e nenas do Coro do Cmus de Santiago de Compostela, viaxamos ata Viveiro para escoitar un coro que nos fascina: Los peques del León de Oro de Luanco.

Durante todo o seu concerto na igrexa de San Francisco de Viveiro, ficábamos abraiados! 

Pois aínda tivemos a sorte de que nos convidaron a cantar unha obra con eles: Can you hear me?. 





Grazas a Elena Rosso, a súa directora, e a tódolos peques del León de Oro, por este bonito agasallo

martes, 7 de abril de 2015

Os nosos vídeos no "Concerto Coral Infantil"


Xa case pasaron dúas semanas dende que ofrecimos o noso concerto xunto co Coro Infantil do Conservatorio Profesional de Música de Santiago. Foi un bonito concerto que rematamos cantando todos xuntos.

Velaí os nosos vídeos

Compañeira


Can you hear me?


Mi Capitán


Tutira Mai


Autocanon ferrolano


Dodi Li




Agora contamos os días para volver a cantar xuntos outra vez...mais nesta ocación, viaxaremos nós ata Santiago para cantar cos novos amigos.


Ata pronto!