O Peque Coro


Este é o blogue para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental e Profesional do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blogue: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

viernes, 26 de febrero de 2016

Concerto no Cmus de Lugo



Mañá viaxamos ata a cidade da gran muralla romana para compartir un concerto cos amigos do Coro Infantil Xoán Montes. Nesta ocasión tamén cantaremos xuntos!

A entrada é libre ata completar o aforo. Xa sabedes: non volo podedes perder. Auditorio do Cmus Xoán Montes de Lugo. Sábado 27 de Febreiro ás 12h. 


jueves, 25 de febrero de 2016

Os nosos vídeos no "Certame Coral Infantil"


O sábado pasado vivimos unha tarde apaixoante: disfrutamos moito escoitando ós coros da Agrupación Musical de Goián, do Conservatorio de Santiago de Compostela e mailo Coro Infantil do Cmus Xoán Montes (aínda que este último xa non estábamos sentados nas butacas...). Despois, disfrutamos cantando nós en tan estupendo auditorio.

Ábrese o telón...comeza O Peque Coro.

"Agnus Dei" de Josu Elberdin


"Mad world" Roland Orzabal


"Balada do Sino" Jose Afonso


"Mantxakun" de David Azurza


"Dúas mentiras" de David Azurza


"Ferrol has visitar"


Agardamos a que nos volvan a visitar todos os coros para que tódolos ferroláns disfrutemos das voces dos coros infantís.



sábado, 20 de febrero de 2016

O Peque Coro no Auditorio


Tódolos amantes do música coral deberes asistir esta tarde ó Auditorio de Ferrol! Xuntámonos catro coros infantís: o coro da Agrupación Musical de Goián, o coro infantil do Cmus de Santiago de Compostela, o coro infantil do Cmus Xoán Montes de Lugo e O Peque Coro do Xan Viaño.

Todo unha festa musical!!

A cita: hoxe, sábdo 20 de Febreiro ás 19 horas no Auditorio de Ferrol