Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2016

O Peque Coro e os seus Soños na Gaiola

Imaxe
Aproxímase o concerto máis especial deste ano: "O Peque Coro e os seus soños na Gaiola". Unha homenaxe a Manuel María, o poeta a quen se lle adica esta edición das Letras Galegas. A partir da musicalización de Margarita Soto de varios poemas de "Os soños na Gaiola", Belén González e Lan Couce crearon un conto musical onde cobra vida a Lúa, o Sol, o Caracol, a Anduriña, o Gato e mailo Lobo... Guiados por Luis G. Ramos na posta en escea, varios pequecoristas póñense na pel das persoaxes, adentrándose no mundo de teatro. Realizaron un gran esforzo para que todos disfrutemos aínda máis cos poemas de Manuel María. A Lúa: Marina Pajón; o Sol: David Monzón; o Caracol: Daniel Grande; a Anduriña: Lara Lorenzo; o Gato: Sabela Gesto e o Lobo: Azael Gómez. O Peque Coro está traballando duramente: o reto é complexo. Tódalas pezas son de gran dificultade con novas sonoridades para nós, novas harmonías,...un novo mundo. Coa mesma ilusión sumáronse a este soño