O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

domingo, 25 de diciembre de 2016

Felices Festas


O Peque Coro volve ós escenarios este curso. E, un ano máis, será cantando na Mostra de Coros Maiores que terá lugar no Teatro Jofre o martes 27 de decembro ás 18.00h.

Coma nas anteriores edicións preparamos este concerto con moita ilusión; un concerto no que compartimos esceario distintas xeracións unidas pola paixón á música coral.

Os pequecoristas deberán chegar ó teatro ás 16.00. Só queda desexarvos:

Felices Festas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada