Fotos da Mostra de Coros de Maiores


O pasado martes 27 de decembro O Peque Coro participaba na Mostra de Corais de Maiores: un encontro de distintas xeracións no que tamén participaron compañeiros do conservatorio: alumnas de Canto e mailo Coro de Grao Profesional, dirixido por Aránzazu García Escuredo. Noraboa ao Coro de Grao Profesional, así como a Desiré P. e Sara P.

Moitísimas grazas a tódolos membros da Asociación Sociocultural Peque Coro que nos acompañaron durante toda a tarde e coidaron con moito agarimo dos pequecoristas. Grazas a Gabi, Inma, Antonio e Chacho (quen, ademáis se encarga da gravación e edición dos audiovisuais). Tamén agradecer ós compañeiros e profesores do conservatorio a súa gran axuda: Begoña e Marcos. 

Recordaremos esta tarde como unha xornada moi intensa de traballo e emocións: dende primeira hora da tarde comezaron os ensaios e para os máis peques é un esforzo grande!. Subiron ó escenario xa cansos, mais merecen un gran aplauso xa que non é doado estrearse nun teatro como o Jofre. Parabéns a tódolos pequecoristas!

Ó longo do trimestre entregaron en cada ensaio o mellor de cada un deles, facendo que sexa especial cada un dos ensaios. Agora que remata este ano, pediremos para o 2017 un ano cheo de momentos musicais marabillosos que poder compartir cos amigos e familia. 











Feliz 2017!




Comentarios

Publicacións populares deste blog

Peque Coro no 25N

Peque Coro in crescendo: descubrindo ao invasor

O Peque Coro en clave galega