Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2016

O Peque Coro cantará aos Trobadores

Imaxe
Querid@s pequecoristas;  Recordade que mañá temos que estar ás 8:30 no noso conservatorio para saír cara Cangas do Morrazo. Por favor, sede puntuais...temos que chegar a tempo ao ensaio no que nos xuntaremos co resto de nenos e nenas dos demáis conservatorios galegos para homenaxear aos Trobadores como Afonso X ou Martín Códax. Ademáis estrearedes a obra de Rogelio Groba "Pois nosas madres" que compuxo a partir do poema de Pero Vivaez.  Un ano máis, o quinteto de metais "Hércules Brass" acompañará a este coro tan especial (do que formaremos parte) e dirixirá Maximino Zumalave. Durmide ben que vai a ser unha longa xornada chea de diversión e moitos cantos...

Último concerto deste curso

Imaxe
Esta tarde O Peque Coro do Xan Viaño ofrecerá o último concerto deste curso. Xunto a nós a Peque Orquestra e a Orquestra de Grao Profesional. Mañá será o día do Coro do Xan Viaño , a Peque Banda e maila Banda de Profesional. @s pequecoristas deben chegar ás 17.30 para prepararnos para este concerto onde ofrecemos unha selección das obras deste bonito e intenso curso. Para algúns dos nosos pequecoristas será un concerto que o vivirán con moita intensidade, xa que é a súa despedida do coro. Para todos foron uns anos moi lindos cargados de preciosos recordos e experiencias enriquecedoras das nosas vidas. Que disfrutedes do voso último concerto co Peque Coro. Agardámosvos ás 19.00 h no Auditorio de Ferrol.