O Peque Coro


Este é o blogue para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental e Profesional do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blogue: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

martes, 20 de septiembre de 2016

Volve O Peque Coro neste curso 2016-2017


Atención novos pequecoristas: debedes inscribirvos para probar no ensaio deste Venres 23 de Setembro o que un sinte cantando nun coro. Agardámosvos o venres de 18.30 a 19.30!

Os mais veteranos tamén vos tedes que inscribir para seguir cantando todos xuntos. Novo repertorio nesta nova etapa, na que ensaiaremos de 19.30 a 21.00

Ata venres!