Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2016

Fotos da Mostra de Coros de Maiores

Imaxe
O pasado martes 27 de decembro O Peque Coro participaba na Mostra de Corais de Maiores : un encontro de distintas xeracións no que tamén participaron compañeiros do conservatorio: alumnas de Canto e mailo Coro de Grao Profesional, dirixido por Aránzazu García Escuredo. Noraboa ao Coro de Grao Profesional, así como a Desiré P. e Sara P. Moitísimas grazas a tódolos membros da Asociación Sociocultural Peque Coro que nos acompañaron durante toda a tarde e coidaron con moito agarimo dos pequecoristas. Grazas a Gabi, Inma, Antonio e Chacho (quen, ademáis se encarga da gravación e edición dos audiovisuais). Tamén agradecer ós compañeiros e profesores do conservatorio a súa gran axuda: Begoña e Marcos.  Recordaremos esta tarde como unha xornada moi intensa de traballo e emocións: dende primeira hora da tarde comezaron os ensaios e para os máis peques é un esforzo grande!. Subiron ó escenario xa cansos, mais merecen un gran aplauso xa que non é doado estrearse nun teatro como o Jo

Felices Festas

Imaxe
O Peque Coro volve ós escenarios este curso. E, un ano máis, será cantando na Mostra de Coros Maiores que terá lugar no Teatro Jofre o martes 27 de decembro ás 18.00h. Coma nas anteriores edicións preparamos este concerto con moita ilusión; un concerto no que compartimos esceario distintas xeracións unidas pola paixón á música coral. Os pequecoristas deberán chegar ó teatro ás 16.00. Só queda desexarvos: Felices Festas!