Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2017

III Encontro de Coros Infantís

Imaxe
Xa chegou o Encontro de Coros Infantís!. E imos pola terceira edición! Este sábado volvemos a encontrarnos o Coro Infantil do Cmus de Santiago, o Coro Infantil do Xoán Montes de Lugo (que nos devolve a visita) e nós, O Peque Coro do Xan Viaño. Un concerto que agardamos cunha gran ilusión. Con este concerto comeza a ledicia: a ledicia de cantar todos xuntos e mailas pequenas vacacións. As merecidas vacacións do Entroido. Se alguén ainda non ten entrada, que corra a por ela xa que disfrutará escoitando ós tres coros desta edición.

Concerto no Cmus de Lugo

Imaxe
Un ano máis visitamos aos amigos e amigas do Cmus Xoán Montes de Lugo; un coro que naceu no 2010: o mesmo ano que nacimos nós. Dende entón sempre nos xuntamos para compartir esceario. O concerto comeza ás 12.00 e é aberto a todo o público. A entrada é de balde. Recordade, pequecoristas: ás 9.30 saímos do noso conser e regresamos ás 15.00. Unha mañá moi intensa: viaxe cos compañeiros e compañeiras, ensaio, concerto, e como non, uns petiscos mentres falamos e rimos todos xuntos.